INTERNACIONAL

 

 

A produtora galega Adivina Producciones accede ao mercado americano tras chegar a importantes acordos para a venda dos seus produtos nos Estados Unidos

 

A produtora galega asinou varios contratos con televisións latinas e aerolíneas dos Estados Unidos para a distribución das tv-movies “Omar Martínez”, “Mintiendo a la vida” e “Vida de familia”. O Igape facilitou a presenza da firma no American Film Market de Los Ángeles e unha axenda de contactos con distribuidoras americanas e europeas a través do seu centro de promoción de negocios en Nova York. A empresa tamén ten previsto ampliar o seu mercado en Europa coa participación nos festivais de Milán e Cannes para continuar coa promoción dos seus produtos no ámbito internacional.

A produtora galega Adivina Producciones accede ao mercado americano tras chegar a importantes acordos para a venda dos seus produtos nos Estados Unidos. A raíz da presenza de Susana Maceiras, produtora executiva, e Noa Lema, responsable de comunicación, no American Film Market 2007, Adivina asinou varios contratos con televisións latinas e por cable, así como para a distribución en aerolíneas das súas tv-movies “Omar Martínez”, “Mintiendo a la vida” e “Vida de familia”. Ademais, iniciou negociacións para a distribución a nivel internacional e o remake da coproducción hispano-arxentina “El niño de barro”.

A empresa participou no American Film Market de Los Ángeles, o mercado audiovisual mais importante dos EEUU celebrado do 31 de outubro ao 7 de novembro pasados. Adivina contou co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a través do seu centro de promoción de negocios (CPN) en Nova York, que lle facilitou espazo expositivo gratuito nesa feira internacional, ademais de servizos de apoio en destino. O obxectivo da produtora foi vender os dereitos de cine, DVD e televisión das súas últimas producións e coproducións, así como sondear posibles participacións para os seus novos proxectos.

Para favorecer a internacionalización das empresas o Igape ofrece servizos de asistencia ao empresariado galego nas diferentes fases do proceso, dende a análise da propia capacidade de internacionalización, pasando pola elaboración dos estudos de produtos e mercados e chegando á superación de barreiras idiomáticas ou unha exportación con seguridade. No caso de Adivina Producciones, o CPN proporcionou á produtora contactos con aquelas empresas, distribuidoras e produtoras de EEUU e europeas que se adecuaban ao produto que esta empresa ofrece, e deseñou a axenda de entrevistas coas mesmas. A produtora mantivo nos catro días da feira un total de trinta encontros dos que naceron importantes acordos para á empresa galega.

Mercado de interese
Segundo Noa Lema, aínda que pareza arriscado enfrontarse a un mercado coma o americano en materia audiovisual, tendo en conta que é o maior exportador de produtos cinematográficos, hoxe en día, e grazas á televisión dixital e aos distintos modos de emisión, existen moitas canles que demandan novos contidos. Por outra banda, o feito de que os prezos das producións galegas sexan máis baixos cos das americanas e que en EE UU existan moitas televisións latinas supoñen un valor engadido e abren oportunidades de negocio que permiten ás producións de Galicia competir coas americanas.

ImageNo eido da internacionalización dos seus produtos, Adivina Produccións tamén ten participado en festivais cinematográficos celebrados en Montreal, A Habana, ou en Chile, onde o thriller psicolóxico “El niño de barro” recibiu o premio á mellor película internacional da crítica especializada no Festival de Viña del Mar. “A competencia cinematográfica é moi grande, pero como nós facemos producións iberoamericanas, estamos tendo unha boa aceptación nos mercados latinos”, sinala Susana Maceiras. A empresa tamén ten previsto ampliar o seu mercado internacional en Europa. Participará proximamente no Festival de Cine de Milán, para o que foi seleccionada por esa mesma longametraxe, e tamén está a estudar a posibilidade de asistir a Cannes, o que lle permitirá non só promocionar os seus produtos, senon tamén facer novos contactos e asinar futuros acordos.

As novas tecnoloxías, valor engadido
Adivina Producciones, que traballa dende hai vinte anos na produción de longametraxes, documentais e tv-movies, é pioneira na incorporación de equipos en alta definición (HD) para rodaxe e montaxe, feito que supón unha aposta tecnolóxica importante para a empresa. Neste momento, tamén está a estudar un novo proxecto de televisión por Internet.

Con respeto a outras posibilidades que oferta a rede, a responsable de comunicación de Adivina apunta que aínda que en EE UU xa lles presentaron diferentes páxinas web utilizadas como cauce alternativo de venda, dende a produtora non están convecidos da eficacia deste sistema. Ademais consideran que é importante esgotar primeiro a explotación do produto audiovisual noutras ventás, como son o cine e a televisión.

 


 

Cinco empresas galegas do sector alimentario veñen de participar no Supermarket Trade Show de Tokio

 

No marco dunha iniciativa de carácter colectivo enmarcada dentro das accións impulsadas polo Igape para promover a proxección exterior das empresas galegas e a través do seu Centro de promoción de negocios (CPN) en Tokio, o Instituto coordinou a presencia de empresas galegas nesta feria por segundo ano consecutivo. O CPN animou a importadores e distribuidores nipóns a visitar o stand de Galicia e concertou, ademais, unha axenda de encontros entre empresarios xaponeses e galegos.

Cinco empresas galegas do sector alimentario veñen de participar no Supermarket Trade Show, importante feira internacional que vén de desenvolverse en Tokio. A través do seu CPN en Xapón, o Igape apoiou a promoción dos produtos galegos neste evento. No eido da internacionalización, o Instituto promove en especial as iniciativas colectivas e ofrece as empresas galegas un amplo abano de servizos e axudas financieiras co obxetivo de facilitar a iniciación ou a ampliación dos procesos de proxección cara o exterior. Nesta ocasión, o Igape coordinou a presenza das cinco empresas galegas na feria baixo o marco dun stand agrupado e prestou as mesmas diversos servizos de apoio en destino. Este foi o segundo ano consecutivo no que o Instituto facilitou a presenza de empresas galegas nesa feira, e dúas delas repetían experiencia.

A través do seu CPN en Tokio, o Igape convocou a importadores e distribuidores xaponeses mediante unha información específica onde presentaba ás distintas empresas galegas participantes e os produtos exhibidos, ao tempo que os convidaba a visitar o stand de Galicia. O Igape concertou ademais, para as empresas galegas que o solicitaron, unha axenda de encontros con empresas niponas e potenciais clientes xaponeses, encontros que se celebraron con carácter previo ou durante os días previos a feira. O Igape tamén coordinou o desenvolvemento de visitas de prospección a supermercados e plantas de alimentación de grandes almacéns, co obxeto de que os promotores galegos tiveran a oportunidade de coñecer mellor as características dos puntos de venda e dos produtos que demanda o consumidor nipón.

Durante os tres días de celebración, o Supermarket Trade Show, que cumplía este ano a súa 42 edición, rexistrou mais de 75.000 visitantes, superando as cifras acadadas na edición do ano pasado. As cinco empresas que asistiron ao evento este ano foron Hijos de Rivera, que presentou cervexas, auga mineral e sidra Manzanova; Delicias Coruña, que promocionou pan, empanadas e tartas; Marrón Glacé, cos seus derivados de castaña; Hermanos Pita, coas súas conservas de peixe e marisco; e Porto-Muiños, que promocionou conservas de ovas de ourizo e fígado de rape.


 

Constitúese en Santiago o comité de seguimento do programa operativo do Fondo Social Europeo para o período 2007-2013

 

Os fondos estruturais precedentes da Unión Europea supoñen unha oportunidade que a Comunidade galega debe aproveitar. Así quedou patente durante a celebración do Seminario de lanzamento do Programa Operativo Fondo Social Europeo – Galicia 2007-2013. Este seminario, dirixido a directivos e empregados públicos con responsabilidade na xestión de fondos comunitarios, contou coa participación da responsable de Programas da Comisión Europea – FSE, Sonia Vila Núñez; co subdirector adxunto de Xestión da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, David García López; e co director de Planificación e Fondos Comunitarios da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Aureliano García Gómez-Llanos.

Galicia contará 936 millóns de euros dos que 358 millóns corresponden á axuda comunitario correspondente ao P.O FSE Galicia 2007-2013, e o resto aos programas plurirrexionais do Fondo para ese período. Xunto coas achegas do cofinanciamento procedentes da Administración central e da Administración Autonómica, os recursos que se mobilizarán en Galicia con cargo ao FSE ascenden a un total de 1.170 millóns de euros. O FSE ten o obxectivo de aportar axuda financeira destinada a programas de formación e reconversión profesional e creación de emprego. Deste xeito, apoia proxectos que impliquen a mellora do funcionamento dos mercados de traballo e a reinserción profesional dos desempregados.

Constitución do Comité de Seguimento
Xunto coa celebración do Seminario, hoxe constitúese o Comité de Seguimento de Galicia 2007-2013, órgano encargado de asegurar a eficacia, a calidade e o correcto desenvolvemento do programa. Dito Comité está presidido pola Unidad Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales e o director xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios da Consellería de Economía e Facenda, e integra como membros permanentes a representantes desta Dirección; da Dirección Xeral de Promoción e Emprego da Consellería de Traballo; da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente; da Secretaría Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Son membros a título consultivo, representantes da Dirección Xeral de Ensino e Investigación Mariña da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos; e da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellería de Medio Rural.

O Comité de Seguimento contará tamén, a título consultivo, con representantes designados directamente por organizacións económico – sociais, sindicais e empresariais, o cal constitúe unha modalidade de participación nas diferentes fases de programación e seguimento do Programa Operativo, así como o sistema de información máis axeitado para garantir a cooperación dos interlocutores económicos e sociais encargados do desenvolvemento e evolución dos temas relacionados co Programa Operativo do FSE.


 

O Xefe da Unidade de España da Comisión Europea, Eric Dufeil, subliñou a “alta satisfacción” da Dirección General de Política Regional pola “alta calidade” do programa operativo de Galicia

 

Os fondos estruturais da Unión Europea supoñen un reto e unha oportunidade que Galicia debe aproveitar. Por iso, é necesario o compromiso dos responsables na xestión dos fondos para a optimización do seu uso pola trascendencia que teñen no proceso de modernización e converxencia con España e con Europa. Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, na clausura do Seminario de Lanzamento do Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, celebrado hoxe en Santiago. Este seminario -con case 200 inscritos entre directivos e empregados públicos con responsabilidade de xestión de fondos comunitarios- contou coa participación do Xefe da Unidade de España da Dirección Xeral de Política Rexional, Eric Dufeil; e co Director Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía y Hacienda, José Antonio Zamora Rodríguez.

O conselleiro destacou na súa intervención as posibilidades de multiplicar os efectos da axuda comunitaria promovendo fórmulas de partenariado público-privado con outras instancias e lembrou, neste sentido, as iniciativas postas en marcha en colaboración co Fondo Europeo de Investimentos –para activar o programa Jeremie- e co Banco Europeo de Investimentos, para a diversificación das fontes de financiamento das empresas galegas. Ademais, Fernández Antonio animou aos xestores dos fondos a optimizar a eficacia e a eficiencia na selección, xestión e execución dos proxectos co obxectivo de optimizar o impacto da axuda comunitaria.

O conselleiro explicou que a profunda reorientación dos fondos realizada polo Goberno galego para o novo período 2007-2013, está orientada ás prioridades da Axenda de Lisboa impulsada pola Comisión Europea e persegue como obxectivo “renovar as bases da competitividade, aumentar o potencial crecemento e produtividade, e reforzar a cohesión social, a través do coñecemento, a innovación e a valorización do capital humano”. Neste sentido, engadiu, “resulta fundamental unha intervención priorizada e focalizada que responda ás necesidades actuais de Galicia, co obxectivo de impulsar o seu desenvolvemento no contexto de crecemento e emprego fixado pola Unión Europea na Estratexia de Lisboa”.

Prioridades en coñecemento e innovación empresarial
Galicia recibirá fondos comunitarios por valor de 5.674 millóns de euros con cargo ao marco orzamentario 2007-2013, o que a sitúa como a comunidade autónoma con máis recursos comunitarios tras Andalucía. Engadindo as achegas do cofinanciamento procedentes da Administración central e da propia Galicia, o total de recursos para o conxunto do período ascende a 8.226 millóns de euros. Pola súa banda, o conxunto dos programas operativos Feder para ese período contará con 3.452 millóns de euros que, xunto coas achegas estatal e autonómica, mobilizarán un investimento de 4.859 millóns de euros. Pola súa parte, o Programa Operativo Feder, conta con 3.172 millóns de euros, dos que 2.192 millóns corresponden a axuda comunitaria.

Segundo expuxo o conselleiro, Galicia dedicará máis fondos a educación e a I+D+i –en definitiva, ao coñecemento- que a infraestruturas, co obxectivo de impulsar unha economía competitiva que permita avanzar na converxencia coas rexións máis desenvolvidas da Unión Europea. No seu conxunto, a comunidade dedicará preto o 42% dos fondos procedentes do Feder á mellora do capital tecnolóxico ao través do desenvolvemento da economía do coñecemento e da innovación empresarial; o 31% ás infraestruturas de transporte e enerxía; e o 27% aos aspectos relacionados co medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

Esta nova orientación foi valorada positivamente polo Xefe da Unidade de España da Dirección Xeral de Política Rexional, Eric Dufeil, que participou no Seminario onde explicou a “alta satisfacción” da Comisión pola “alta calidade do programa operativo de Galicia”. O membro da Comisión Europea, que cualificou de “xiro estratéxico” a nova orientación de Galicia no uso dos fondos en liña coa Axenda de Lisboa, animou a identificar novas ideas e proxectos, e a impulsar os partenariados público-privados que permitan unha mellor utilización dos recursos europeos.

Constitución do comité de seguimento
Xunto coa celebración do Seminario, hoxe constituíuse o Comité de Seguimento do Programa Operativo de Galicia 2007-2013, órgano encargado de asegurar a eficacia, a calidade e o correcto desenvolvemento do programa. Dito comité está presidido pola Dirección General de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía y Hacienda e integra, como membros permanentes por parte da Xunta de Galicia, a representantes da Dirección Xeral de Planificación e Fondos Comunitarios da Consellería de Economía e Facenda; da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, e da Secretaría Xeral da Igualdade, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia. Ademais, son membros a título consultivo un representante da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, e outro da Dirección Xeral de Estruturas Pesqueiras, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.


 

O Igape ven de estreitar os seus lazos de colaboración co European Investment Bank

 

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven de estreitar os seus lazos de colaboración co European Investment Bank (Banco Europeo de Investimentos BEI), mediante a creación dunha oficina de información e asesoramento a empresas. Os interesados nos programas desta entidade poden facer as súas consultas a través do correo electrónico informa.BEI@igape.esEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou pedir información a través do Servizo de Atención Telemática (902 300 903).

Facilitar o achegamento dos empresarios e emprendedores as posibilidades de financemento que oferta o BEI é o obxectivo deste novo servizo do Instituto. O Banco Europeo de Investimentos impulsa o marco de apoio á competitividade a través de novas modalidades de financiamento empresarial recollidas na Iniciativa 2010 de Innovación e nos programas Jaspers, Jeremie, e Jessica.


 

Fernández Antonio asina en Madrid o programa operativo do Feder para Galicia

 

O conselleiro de Economía e Facenda e a comisaria de Política Rexional da Unión Europea, Danuta Hübner, asinaron o Programa Operativo do Feder co que se oficializa o lanzamento dos fondos europeos en Galicia para o período 2007-2013.
 

Fernández Antonio destacou que xa están aprobados o resto de fondos estruturais e sectoriais que en conxunto destinan a Galicia 5.674 millóns de euros de axuda comunitaria e mobilizarán ata 8.226 millóns en total.

A reorientación feita polo Goberno galego na utilización dos recursos da UE prima actuacións en ámbitos como a sociedade do coñecemento, a investigación e a innovación, o crecemento sostible, a accesibilidade e as redes de transporte, e a formación e promoción do emprego.

O novo enfoque da estratexia galega está en liña coas prioridades impulsadas pola propia UE na Axenda de Lisboa e persegue como obxectivo unha Galicia competitiva, global e avanzada que converxa cos países e rexións máis desenvolvidos.

O uso intenso e eficaz dos novos programas de fondos por parte das empresas, as institucións e as administracións, permitirá que Galicia incremento o seu potencial de desenvolvemento sobre a base dunha maior competitividade, produtividade e cohesión económica e social.

Galicia recibirá fondos comunitarios por valor de 5.674 millóns de euros con cargo ao marco orzamentario 2007-2013, o que a sitúa como a comunidade autónoma con máis recursos comunitarios tras Andalucía. Se a dita cantidade se engaden as achegas da cofinanciación procedentes da Administración central e da propia Galicia, o total de recursos para o conxunto do período ascende a 8.226 millóns de euros. Así o revelou hoxe o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, antes de acudir a Madrid para asinar coa comisaria de Política Rexional da Unión Europea, Danuta Hübner, o Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Con este acto, oficialízase o lanzamento dos fondos europeos en Galicia logo da aprobación, nestes días, dos conxunto de fondos estruturais (Feder; Fondo Social Europeo-FSE; e Fondo Cohesión) e dos sectoriais (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural-Feader; e Fondo Europeo de Pesca-FEP) dos que se beneficiará Galicia.

O conselleiro subliñou a profunda reorientación que abordou o Goberno galego no destino dos fondos para o novo período. Neste sentido, segundo destacou, a nova estratexia recollida nos programas operativos prima actuacións en ámbitos como a sociedade do coñecemento, a investigación e a innovación, o crecemento sostible, a accesibilidade e as redes de transporte, e a formación e promoción do emprego. O novo enfoque está en liña coas prioridades impulsadas pola propia Unión Europea na Axenda de Lisboa e persegue como obxectivo unha Galicia competitiva, global e avanzada que converxa cos países e rexións máis desenvolvidos.

Marco Estratéxico (Mecega) 2007-2013 e prioridades
Neste sentido, segundo lembrou, o Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia (Mecega) 2007-2013, elaborado pola Consellería de Economía e Facenda e presentado en setembro de 2006, é o referente sobre o que se asenta a estratexia galega neste ámbito. Co obxectivo global de que Galicia acade o reto da converxencia en termos de crecemento e emprego grazas ao fomento dunha economía baseada no coñecemento, o Mecega plantea un significativo cambio respecto do período anterior. Cun enfoque estratéxico para un uso intenso e eficaz das achegas comunitarias, o novo modelo persegue impulsar a innovación, a produtividade, a internacionalización das empresas, o respecto ao medio ambiente e a mellora das infraestruturas de accesibilidade. En definitiva, realízase unha clara aposta polos factores de desenvolvemento vinculados á Axenda de Lisboa no senso de renovar as bases da competitividade, aumentar o potencial de crecemento, e reforzar a cohesión social e territorial, a través do coñecemento, a innovación e a valorización do capital humano.

Segundo expuxo o conselleiro, Galicia dedicará máis fondos á educación e a I+D+i –en definitiva, a coñecemento- que a infraestruturas, co obxectivo de impulsar unha economía competitiva que permita avanzar na converxencia coas rexións máis desenvolvidas da Unión Europea. No seu conxunto, a comunidade dedicará preto o 42% dos fondos procedentes do Feder á mellora do capital tecnolóxico ao través do desenvolvemento da economía do coñecemento e da innovación empresarial; o 31% ás infraestruturas de transporte e enerxía; e o 27% aos aspectos relacionados co medio ambiente e o desenvolvemento sostible.


 

O Igape organizou por segundo ano consecutivo na Embaixada de España o Día de Galicia en Xapón

 

O Centro de Promoción de Negocios do Igape en Tokio organizou, por segundo ano consecutivo, o Día de Galicia en Xapón, na Embaixada española da capital nipona. A xornada estivo enteiramente dedicada á promoción e difusión de Galicia entre representantes de medios de comunicación, entidades empresariais e institucións oficiais xaponesas, con obxecto de crear unha contorna favorable para o desenvolvemento dos intercambios económicos e de todo tipo entre Galicia e Xapón.

No marco do evento celebráronse dous seminarios de presentación dirixidos a profesionais do sector de Alimentación e Bebidas. No primeiro deles déronse a coñecer diversos aspectos relativos aos augardentes e licores tradicionais de Galicia, para o que se contou con información facilitada polo Consello Regulador desta Denominación Específica Aos asistentes entregóuselles documentación traducida ao xaponés e a charla teórica complementouse cunha cata de distintos tipos de augardentes e licores dirixida por Setsuko Mukai, membro da Asociación Nacional de Catadoras de Xapón. Houbo ademais unha charla divulgativa dos augardentes e licores tradicionais de Galicia, impartida por Yohiko Akehi, coñecida escritora xaponesa especialista en viños españois.

O segundo seminario estivo dedicado ás conservas de peixe e marisco de calidade gourmet, e realizouse unha degustación de mostras achegadas polas empresas Porto Muiños e Pita Hermanos. A cada un dos seminarios asistiron uns 40 profesionais entre os que se atopaban importadores, distribuidores, xornalistas de prensa gastronómica, cociñeiros e propietarios de restaurantes de cociña española, entre outros.

O programa de actos do Día de Galicia deste ano, que se desenvolveu o pasado día 12 de decembro, incluíu unha conferencia sobre o Camiño de Santiago que foi impartida por Yoshiki Tsuchida, un veterano articulista do prestixioso diario económico xaponés Nikkei, quen este ano completou a pé durante 40 días a travesía o Camiño de Santiago desde Roncesvalles. O relator destacou a oportunidade que ofrece o Camiño para coñecer a variada gastronomía local española, da que destacou persoalmente o polbo a feira, as boas infraestruturas ao longo do Camiño, a diferenza dos antigos camiños de peregrinación que tamén existen en Xapón, e o carácter internacional do mesmo, que facilita as relacións de amizade entre peregrinos de distintas nacionalidades. A charla foi ilustrada cunha serie de fotografías tomadas durante a súa peregrinación.

Como acto final celebrouse un cóctel recepción, tamén na embaixada de España, ao que asistiron uns 180 invitados que puideron gozar de distintos ingredientes e receitas típicas da gastronomía galega, desde os queixos de denominación de orixe, ata a torta de Santiago, pasando polos berberechos, o polbo a feira e as empanadas; todo iso acompañado de viños brancos de godello e de albariño e tintos de mencía, todos de Galicia, do mesmo xeito que a cervexa, a sidra ou a auga mineral que se serviu. Non faltaron tampouco os augardentes e licores, e para terminar elaborouse unha queimada acompañada do correspondente conxuro.

Degustación de percebes
Cabe destacar tamén que este ano se levou a cabo unha degustación de percebes frescos enviados expresamente para esta ocasión desde Galicia polo Grupo Isidro do Cal co patrocinio da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Con esta acción pretendíase promocionar en Xapón o marisco galego mediante un dos seus produtos máis emblemáticos e á vez máis novos neste mercado, e sondar así a viabilidade da súa comercialización en Xapón. A xulgar pola reacción favorable dos comensais xaponeses nesta ocasión, semella que este manxar podería ter tamén unha boa aceptación en Xapón, onde apenas é coñecido. Durante a degustación proxectouse un vídeo cedido pola produtora galega Saga TV mostrando a contorna natural en que viven os percebes e os labores de recollida dos percebeiros, filme que chamou moito a atención do público asistente.

Os actos celebrados nesta segunda edición do Día de Galicia en Xapón contaron coa intervención do Excmo. Embaixador de España en Xapón, D. Miguel A. Carriedo, do Conselleiro Económico e Comercial, D. Afonso Carbajo, e do Cónsul xeral D. Javier de Istúriz. Entre os asistentes a esta xornada había un nutrido grupo de editores e escritores de revistas de viaxe e gastronomía, así como de prensa en xeral.


 

O audiovisual galego presenta as súas producións nunha das feiras máis importantes de EE.UU

 

Adivina Producións, Formato Producións e Teleclip presentaron os seus proxectos ás grandes distribuidoras estadounidenses no marco do American Filme Market, en Santa Mónica, California, contando co apoio do Centro de Promoción de Negocios que o IGAPE ten en Nova York.

Nova York, 7 de novembro de 2007.- A través do seu Centro de Promoción de Negocios en Nova York, o Igape participou na feira do mercado audiovisual máis grande do Mundo, o American Filme Market, onde prestou apoio ás produtoras galegas que participaron este ano no evento. A feira, que tivo lugar entre o 31 de outubro e o 7 de novembro en Santa Mónica (California), reuniu a máis de 8.000 profesionais da industria do cine, provenientes de 70 países do mundo.

ImageTres empresas galegas mostraron os seus últimos proxectos ás grandes distribuidoras e produtoras estadounidenses. Adiviña Producións presentou, ademais de documentais e tv movies, a película ?O neno de Barro?, que conta cun longo percorrido internacional e acaba de ser premiada no Festival de Viña do Mar en Chile; Formato Producións promocionou ?Mia Sarah?, con varios galardóns en festivais estadounidenses; pola súa banda TeleClip, canle de televisión por Internet feito por e para nenos -unha iniciativa nacida das universidades da Coruña e Madrid-, realizou interesantes contactos co mercado hispanohablante americano.


Para promocionar o cine galego na AFM, o Igape realizou dúas accións. En primeiro lugar, puxo a disposición das empresas o espazo expositivo de xeito gratuíto: unha habitación no Hotel Loews, a sede principal da AFM. Neste espazo, cofinanciado por ICEX, Catalan films e Promomadrid, ademais das galegas presentáronse outras empresas españolas baixo a marca ?Cinema from Spain?. Así mesmo a compañía galego-catalá Filmax contou con caseta propia.


En segundo lugar, o IGAPE elaborou tamén tres axendas de entrevistas entre as empresas galegas e norteamericanas que incluían entre outras a Paramount Pictures, Sony Pictures International ou Metro Goldwyn Mayer. Ademais, incluíronse outras compañías latinoamericanas, europeas e canadenses que resultaban do interese dos participantes galegos.


 

Gobierno y sindicatos firman el acuerdo para mejorar las condiciones de trabajo del personal laboral en el servicio exterior

 

El Ministro de Asuntos Exteriores y Cooperación, Miguel Ángel Moratinos y la Ministra de Administraciones Públicas, Elena Salgado, y han presidido la firma del acuerdo entre la Administración General del Estado y los sindicatos UGT, CC.OO, CSI-CSIF y CIG para mejorar las condiciones de trabajo del personal laboral en el servicio exterior. Un colectivo con más de 6.000 empleados públicos que prestan sus servicios en oficinas adscritas a embajadas y consulados de España en los distintos países que, por primera vez, verán reconocidos sus derechos laborales, tanto en el plano individual como colectivo, tras quince años de negociación.

El Consejo de Ministros del 1 de septiembre de 2006, que aprobó medidas para la potenciación de la acción exterior del Estado, estableció que en el plazo de un año se determinaría el conjunto de condiciones mínimas aplicables a todo el personal contratado en el exterior.
MEJORA DE LAS CONDICIONES DE TRABAJO

El acuerdo alcanzado supone el establecimiento de un marco regulador único de las condiciones de trabajo aplicables a este colectivo, que afecta a todo el personal laboral que presta servicios en el exterior con independencia de su nacionalidad -en un 50% es española o comunitaria- y de la legislación que regule sus contratos.

• Derechos individuales: se reconocen para este colectivo los mismos que al resto del personal laboral en el ámbito de la Administración General del Estado. El contenido de estos derechos se refiere a las licencias, permisos, vacaciones, jornadas y horarios, excedencias, modificación de las condiciones de trabajo, jubilación, régimen disciplinario y suspensión del contrato de trabajo.

• Derechos colectivos: se reconoce por primera vez el derecho a la representación colectiva de estos trabajadores y se regulan los órganos de representación que han de canalizar la misma. Asimismo, se reconoce la participación del personal laboral exterior en los planes de Formación Profesional y Acción Social que se articulan en los distintos departamentos ministeriales y organismos.

Con el acuerdo alcanzado se resuelve la situación de los contratados laborales en el servicio exterior, que hasta ahora, debido a su dispersión geográfica, a su distinta procedencia nacional y a la complejidad derivada de distintos procedimientos jurídicos aplicables, no tenían reguladas sus condiciones de trabajo con carácter general, ni se les aplicaban los estándares mínimos de la legislación española, especialmente en lo que se refiere al ejercicio individual de sus derechos.

 
 

ENLACES/LINKS

Bolsa Española:

Madrid

Barcelona

Bilbao


Bolsa Internacional:

Nueva York

Londres

Tokyo

Otras bolsas


Estadísticas e informes:

MINECO informes

MINECO estad.


Unión Europea:

Fondos


Comercio Exterior:

Icex


Oficina 24h:

Empresas Galicia

Ardan

IGE


Diario Oficial de Galicia y Boletines Provinciales:

D.O.G.A.

Boletín A Coruña

Boletín Lugo

Boletín Ourense

Boletín Pontevedra


Ferias:

IFEVI

Expourense

FIG (Silleda)

Fexdega


Creación de Empresas y líneas de ayuda:

Crear-empresas

 
 


Web información empresarial - canle dixital / canal digital
GRUPO ESPAÑA EXTERIOR (España Exterior Publicaciones S.L. - Anuarios España Selecta S.L.)
Calle del Conde 1 - 36210 Vigo (España) - Tel.: +34 986 447 224 - Fax: +34 986 449 915

espaexterior@espaexterior.com