Fernández Antonio asegura en Ourense que ningún proxecto de investimento viable quedará sen financiamento en Galicia
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, asegurou hoxe que ningún proxecto de investimento viable quedará sen financiamento en Galicia, grazas ao completo abanico de instrumentos dispostos polo Goberno galego. Entre os apoios directos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Xesgalicia, e os compartidos con institucións como o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Banco Europeo de Investimentos (BEI), ou a Administración Central (incentivos rexionais e Plan Ferrol), mobilizaranse máis de 700 millóns de euros en apoios ao financiamento empresarial que permitirán a realización de investimento por 2.000 millóns de euros. Fernández Antonio, que realizou unha visita á planta de T-Solar Global no Parque Tecnolóxico de Galicia, puxo este proxecto de exemplo do apoio que proporciona o Goberno galego aos proxectos empresariais.
Política territorial e o Igape impulsan a modernización do transporte público co obxectivo de acadar vehículos máis seguros, accesibles e ecolóxicos
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride Estévez, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo impulsar a modernización do transporte público de viaxeiros por estrada mediante apoios aos investimentos en innovación e mellora dos equipamentos.
Fernández Antonio anima ás entidades financeiras a superar as cifras de financiamento ás pemes a través das liñas ICO
O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, animou hoxe ás entidades financeiras a incrementar nun 50% as cifras de financiamento ás empresas no marco das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO). O obxectivo, segundo explicou, enmárcase no reto global de superar o mínimo dos 400 millóns de euros de préstamos ICO en Galicia para o conxunto do ano que, afirmou, é posible superar e mesmo chegar a preto dos 500 millóns de euros.
Fernández Antonio salienta a aposta de Galicia pola sociedade do coñecemento como vía para aumentar a competitividade da economía e a calidade de vida
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, afirmou hoxe en Madrid que a Xunta de Galicia abordou nos tres últimos anos unha profunda aposta pola sociedade do coñecemento como pedra angular do novo modelo de crecemento. O impulso do I+D, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico constitúen as principais ferramentas para impulsar o aumento da competitividade e da produtividade e, en definitiva, o crecemento económico sostible. Así o explicou o conselleiro nunha conferencia pronunciada na Casa de Galicia en Madrid, organizada pola Asociación Información e Coñecemento (Asinyco).
Fernández Antonio defende que a economía galega ten marxe de manobra para afrontar a gradual desaceleración do crecemento creando emprego
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, subliñou hoxe que a situación económica internacional, á que non é allea Galicia, permite manter o dobre obxectivo de medrar por riba do entorno e seguir creando emprego, por un lado, e de proseguir na senda da converxencia, por outro. O complexo escenario internacional, caracterizado pola ralentización do crecemento que reflicten as revisións das previsións dos organismos internacionais, será visible no conxunto de Europa e España, se ben con distinta intensidade segundo países e comunidades. No caso de Galicia, explicou Fernández Antonio, hai fortalezas coma o dinamismo da economía nos dous últimos anos, a solvencia do sistema financeiro, ou as medidas adoptadas ao inicio do ano. Isto, unido aos fundamentos do modelo de crecemento e ás bases da política económica e orzamentaria, permitirán afrontar a situación actual cunha perspectiva que, dende a prudencia, é positiva respecto do mantemento do obxectivo de avanzar na converxencia.
A produtora galega Adivina Producciones accede ao mercado americano tras chegar a importantes acordos para a venda dos seus produtos nos Estados Unidos
A produtora galega asinou varios contratos con televisións latinas e aerolíneas dos Estados Unidos para a distribución das tv-movies “Omar Martínez”, “Mintiendo a la vida” e “Vida de familia”. O Igape facilitou a presenza da firma no American Film Market de Los Ángeles e unha axenda de contactos con distribuidoras americanas e europeas a través do seu centro de promoción de negocios en Nova York. A empresa tamén ten previsto ampliar o seu mercado en Europa coa participación nos festivais de Milán e Cannes para continuar coa promoción dos seus produtos no ámbito internacional.
O Consello da Xunta vén de autorizar a continuidade do acordo entre o IGAPE e a CEAGA para o desenvolvemento do plan estratéxico deste sector
O plan, para o periodo 2007-2011, procura situar ao sector da automoción nunha posición de liderado europeo en materia de competitividade. Fixa como obxectivos o incremento do 20% na facturación global do sector; do 15% na produtividade; e do 20% no valor engadido bruto.
Solbes: “La economía española no necesita un plan de choque porque el Gobierno está tomando medidas cada día”
El Vicepresidente segundo del Gobierno y Ministro de Economía y Hacienda ha presentado al Consejo de Ministros un informe sobre la situación de la economía española. Según la primera estimación del INE, hecha pública ayer, la economía española creció un 3,8% en 2007, 1,1 puntos más que la media de la zona euro. Además, en el último trimestre del año, el PIB creció un 0,8% respecto al tercer trimestre del año, el doble que la zona euro.
|