GALEGA

 


Fernández Antonio asegura en Ourense que ningún proxecto de investimento viable quedará sen financiamento en Galicia

O conselleiro de Economía e Facenda explicou que a participación da Xunta no proxecto de T-Solar Global é un exemplo do triple apoio financeiro a través de axudas directas, avais e participación a risco

Fernández Antonio anunciou que Xesgalicia aprobou o apoio a un novo proxecto de investimento en Ourense coa participación no capital de Legufrut, que construirá unha planta manipuladora de produtos hortofrutícolas en San Cibrao das Viñas

Os apoios ao financiamento por parte de Igape e Xesgalicia permitirán mobilizar máis de 700 millóns de euros este ano entre os distintos instrumentos financeiros promovidos directamente ou co apoio de outras institucións como o ICO, o BEI ou a Administración central, o que permitirá materializar investimento por 2.000 millóns de euros

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, asegurou hoxe que ningún proxecto de investimento viable quedará sen financiamento en Galicia, grazas ao completo abanico de instrumentos dispostos polo Goberno galego. Entre os apoios directos do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Xesgalicia, e os compartidos con institucións como o Instituto de Crédito Oficial (ICO), o Banco Europeo de Investimentos (BEI), ou a Administración Central (incentivos rexionais e Plan Ferrol), mobilizaranse máis de 700 millóns de euros en apoios ao financiamento empresarial que permitirán a realización de investimento por 2.000 millóns de euros. Fernández Antonio, que realizou unha visita á planta de T-Solar Global no Parque Tecnolóxico de Galicia, puxo este proxecto de exemplo do apoio que proporciona o Goberno galego aos proxectos empresariais.

O impulso da Xunta a T-Solar Global, segundo explicou o conselleiro, realízase nun triple sentido. En primeiro lugar, co apoio directo do Igape cunha achega de 5,84 millóns de euros. En segundo lugar, cun aval financeiro tamén do Igape, sobre o 50% dun préstamo de 20 millóns de euros; e en terceiro lugar, cunha participación no capital social do 29% a través de Xesgalicia, a xestora de capital risco participada pola Xunta. “Trátase dun bo exemplo do apoio ao financiamento empresarial que estamos a impulsar dende a Xunta”, explicou o conselleiro. Nesta liña, engadiu, enmarcans3 os convenios con entidades como o ICO (máis de 450 millóns de euros), ou o BEI (30 millóns de euros) para o financiamento en condicións de xuro moi vantaxosas; ou as liñas de préstamos do Igape (40 millóns de euros), as de avais, e as de capital risco (85 millóns de euros).

Proxecto Legufrut
Neste último ámbito, o conselleiro anunciou a recente aprobación por parte de Xesgalicia dunha operación de apoio a un proxecto en Ourense. Trátase da construción dunha planta manipuladora de produtos hortofrutícolas na Central de Transportes en San Cibrao das Viñas (Ourense), promovida pola firma Legufrut. Neste proxecto participará a firma de capital risco pública cunha achega ao capital de 250.000 euros a través do Fondo Emprende. Segundo explicou o conselleiro, o proxecto pode ter unha incidencia moi positiva nas comarcas hortícolas galegas, dinamizando as alternativas de cultivo e mellorando a calidade dos produtos. De feito, a firma pretende chegar a acordos estables con 250 pequenos horticultores que cultivan 75 hectáreas en invernadoiro e ao aire libre.

Na actualidade Legufrut posúe unha flota de 8 camións propios e un equipo de 27 traballadores. Coa nova planta perséguese a homologación e normalización do produto galego, a través do asesoramento e planificación da actividade nas explotacións agrarias levadas a cabo por persoal técnico altamente cualificado de Legufrut. Neste sentido, o agricultor poderá destinar a totalidade dos seus recursos a produción, racionalizando e optimizando os investimentos e incrementando a súa produtividade. Ademais, disporán dun centro loxístico de transporte que permita a recollida de produto en calquera punto de Galicia, a súa almacenaxe, transformación e distribución final, tanto a nivel autonómico, como nacional e internacional.


Política territorial e o Igape impulsan a modernización do transporte público co obxectivo de acadar vehículos máis seguros, accesibles e ecolóxicos

José Ramón Fernández Antonio e María José Caride Estevez asinaron un convenio de colaboración para apoiar investimentos de mellora en autobuses urbanos, interurbanos e taxis

As axudas ás empresas poden chegar ata o 50 por cento do custe de adquisición e instalación de novas tecnoloxías tanto nos autobuses como nos taxis

A nova liña ten un orzamento de 800.000 euros para este ano e a vocación de manterse no tempo

O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride Estévez, asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo impulsar a modernización do transporte público de viaxeiros por estrada mediante apoios aos investimentos en innovación e mellora dos equipamentos. O acordo suscrito entre a Dirección Xeral de Transportes e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) crea unha liña de axudas ás empresas deste sector que permitirá acadar vehículos máis seguros, accesibles e ecolóxicos. Segundo este convenio, a liña de axudas contará para este 2008 con 800.000 euros, aínda que esta partida orzamentaria poderá ser ampliada polo Igape. A convocatoria das subvencións, que se realiza por primeira vez, nace coa vontade de ter continuidade nos anos seguintes.

As axudas que ofrecen a CPTOPT e o Igape van destinadas a impulsar os investimentos en adquisición e instalación de diversas melloras nos vehículos de transporte público de viaxeiros por estrada, isto é, nos autobuses urbanos e interurbanos e nos taxis. En concreto, apoiarase ás empresas que adquiran e instalen os seguintes tipos de innovacións e melloras:

- Dispositivos que melloren as condicións de seguridade dos vehículos, que poden ser subvencionados tamén co 50 por cento do custo de adquisición e instalación e que contemplan sistemas para:po.

• Detección e eliminación de ángulos mortos (contribúe a previr posibles accidentes con peóns ou usuarios do transporte nas manobras dos vehículos)
• Detección de carril (dispositivos que frean os vehículos, corrixen a súa traxectoria ou advirten ao condutor cando corren risco de saírse da estrada)
• Regulación de distancia (mecanismos que permiten manter en todo momento a distancia de seguridade necesaria cos vehículos precedentes)

- Mecanismos que faciliten o acceso aos vehículos de persoas con mobilidade reducida ou con dificultades auditivas ou visuais, que poderán ser subvencionados co 50 por cento do custo de adquisición e instalación.

- Sistemas de propulsión de vehículos novos alimentados con enerxías alternativas (eléctricos, híbridos, pila de combustible, hidróxeno e gas natural ou licuado), que poderán ser subvencionados co 15 por cento do custo do autobús ou taxi.

- Sistemas de propulsión que permitan reducir a emisión de gases, subvencionados co seis por cento do custo do vehículo.

A concesión destas axudas realizarase por concorrencia non competitiva, isto é, todas as solicitudes que cumpran cos requisitos recibirán a súa correspondente axuda. Esta subvención será dun máximo de 12.000 euros e as empresas deberán manter os sistemas que sexan obxecto deste financiamento durante un mínimo de cinco anos.

Para a tramitación destas axudas o IGAPE porá a disposición dos interesados o seu Servizo de Asistencia Técnica, a través dos teléfonos 902 300 903 e 981 541 147 ou da páxina web http://www.tramita.igape.es.


Fernández Antonio anima ás entidades financeiras a superar as cifras de financiamento ás pemes a través das liñas ICO

O conselleiro de Economía e Facenda asinou cunha vintena de entidades financeiras e coas dúas sociedades de garantía recíproca o acordo que permitirá aos empresarios e emprendedores galegos contar con préstamos ICO apoiados polo Igape

Fernández Antonio subliñou que ningún proxecto de investimento viable quedará sen financiamento grazas aos distintos instrumentos apoiados e impulsados polo Igape e as entidades colaboradoras que destinarán máis de 700 millóns de euros neste exercicio

Galicia é a primeira comunidade que asina un convenio que inclúe as catro liñas do ICO para o financiamento de investimentos que poden oscilar entre 25.000 euros e 6 millóns de euros

Os proxectos de investimento dirixidos aos 262 concellos considerados de localización preferente terán un apoio extra do Igape de dous puntos adicionais sobre o xuro subsidiado

O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, animou hoxe ás entidades financeiras a incrementar nun 50% as cifras de financiamento ás empresas no marco das liñas do Instituto de Crédito Oficial (ICO). O obxectivo, segundo explicou, enmárcase no reto global de superar o mínimo dos 400 millóns de euros de préstamos ICO en Galicia para o conxunto do ano que, afirmou, é posible superar e mesmo chegar a preto dos 500 millóns de euros. O conselleiro realizou estas afirmación tras asinar cunha vintena de entidades financeiras e as dúas sociedades de garantía recíproca –Afigal e Sogarpo- un convenio que permitirá ás pequenas e medianas empresas obter préstamos ICO en condicións vantaxosas para os seus proxectos de investimento en Galicia.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), segundo explicou o conselleiro, apoiará en 2008 préstamos das catro liñas ICO para financiar investimentos en condicións vantaxosas. En concreto, o Igape apoiará préstamos entre 25.000 euros e 6 millóns de euros cun subsidio xeral do 0,65% sobre o tipo ICO -0,90% se están avaladas por una SGR- que ademais se incrementará en 2 puntos para operacións de investimento que se vaian realizar nalgún dos 262 concellos galegos considerados localización preferente (municipios acollidos ao Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia; municipios de Ferrol, Eume e Ortegal; da Costa de Morte; e da comarca de Valdeorras). O obxectivo global, afirmou o conselleiro, é que “ningún proxecto de investimento viable quede sen financiamento en Galicia”. Neste sentido, Fernández Antonio lembrou que ás iniciativas como a do ICO, engádense as asinadas co BEI –por importe de 30 millóns de euros- ou as do propio Igape e as entidades financeiras, por outros 40 millóns.

O convenio asinado hoxe contempla as catro liñas de financiamento ICO: Peme; Crecemento; Emprendedores; e Internacionalización. As operacións previstas poden cubrir un máximo do 90% dos investimentos impulsados por emprendedores ou microempresas; do 80% dos investimentos impulsados por pemes; e do 70% no caso da liña Crecemento. As catro liñas de financiamento son as seguintes:

Liña Peme
Dirixido a: Pemes
Importe préstamos: entre 25.000 euros e 1,5 millóns de euros.
Achega do Igape: Subvención do 0,65% do tipo fixado polo ICO ou sobre o euríbor (0,9% se o préstamo está avalado por unha SGR
O apoio será de 2,65 puntos para os concellos considerados localización preferente (2,9 con aval SGR).

Liña Crecemento
Dirixido a: Pemes con máis de 50 traballadores.
Importe préstamos: entre 25.000 euros e 6 millóns de euros.
Achega do Igape: Entre o 0,65% e o 2,9% en función da localización e do aval da SGR. Tipos baseados no ICO ou no Euríbor +0,75.

Liña Emprendedores
Dirixido a: Emprendedores e pemes creadas con posterioridad ao 1 de xaneiro de 2007 e con menos de 50 traballadores.
Importe préstamos: entre 25.000 euros e 200.000 euros.
Achega do Igape: Entre o 0,65% e o 2,9% en función da localización e do aval da SGR.

Liña Internacionalización
Dirixido a: Proxectos no exterior de pemes galegas.
Importe préstamos: entre 25.000 euros e 1,5 millóns de euros.
Achega do Igape: Entre o 0,65% e o 0,9% en función do aval da SGR. .

Entidades asinantes
BANCO PASTOR
BANCO ESPIRITO SANTO,
CAJA DE AHORROS Y PENSIONES DE BARCELONA “LA CAIXA”
BANCO POPULAR ESPAÑOL
BANCO GALLEGO
CAIXA RURAL GALEGA
BANCO ESPAÑOL DE CRÉDITO
BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA
BANCO DE SABADELL
BANCO DE GALICIA
CAIXA GALICIA
CAJA ESPAÑA DE INVERSIONES, CAJA DE AHORROS Y MONTE DE PIEDAD
CAIXANOVA
BANCO CAIXA GERAL
BANCO SANTANDER
CAJA DE AHORROS DE VALENCIA, CASTELLÓN Y ALICANTE BANCAJA
CAJA DE AHORROS Y MONTE DE PIEDAD DE MADRID
BANKINTER
AFIGAL, S.G.R.
SOGARPO, S.G.R.
LICO LEASING E.F.C
IBERCAJA
CAJA DUERO
SANTANDER CONSUMER FINANCE


Fernández Antonio salienta a aposta de Galicia pola sociedade do coñecemento como vía para aumentar a competitividade da economía e a calidade de vida

O conselleiro de Economía e Facenda destacou o coñecemento como pedra angular da economía moderna e principal xerador da innovación

Fernández Antonio subliñou que a Comisión Europea situou a Galicia como a comunidade española que máis contribúe a acadar os obxectivos da Axenda de Lisboa grazas á súa programación de fondos

O novo modelo de crecemento de Galicia prima o investimento en capital humano e tecnolóxico para impulsar a competitividade e a produtividade da nosa economía

A aposta polas novas tecnoloxías reflíctese tamén na propia Consellería de Economía co desenvolvemento da oficina virtual tributaria ou dos servizos avanzadas ás empresas dende o Igape

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, afirmou hoxe en Madrid que a Xunta de Galicia abordou nos tres últimos anos unha profunda aposta pola sociedade do coñecemento como pedra angular do novo modelo de crecemento. O impulso do I+D, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico constitúen as principais ferramentas para impulsar o aumento da competitividade e da produtividade e, en definitiva, o crecemento económico sostible. Así o explicou o conselleiro nunha conferencia pronunciada na Casa de Galicia en Madrid, organizada pola Asociación Información e Coñecemento (Asinyco).

Fernández Antonio sinalou que o novo enfoque do modelo de crecemento de Galicia está en liña coas prioridades impulsadas pola Unión Europea e persegue unha Galicia competitiva e que converxa cos países e rexións máis desenvolvidos. Proba diso, engadiu, é o grao de aliñamento do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cos obxectivos de Lisboa, que foi avaliado pola propia comisión Europea no 72% dos recursos destinados aos obxectivos marcados polo Plan. “A Comisión Europea recoñeceu publicamente que Galicia é a comunidade que máis contribúe á consecución dos obxectivos da Axenda de Lisboa”, recordou o conselleiro, quen defendeu a “profunda reorientación” no destino dos fondos comunitarios, como unha aposta estratéxica de Galicia para o conxunto do período 2007-2013.

A importancia que para Galicia ten o impulso da innovación e das tecnoloxías da información no Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia (Mecega) 2007-2013, resulta patente se atendemos á porcentaxe de recursos dispoñibles destinados a estes fins, que alcanza o 42% dos recursos dos Programas Operativos Feder de Galicia.

Administración pública
O conselleiro tamén aludiu ao papel do Sector Público nesta materia que, segundo dixo, é moi relevante á hora de impulsar as tecnoloxías da información e as comunicación (Tics), modernizando os seus sistemas e adaptando a súa relación cos cidadáns e as empresas ás novas tecnoloxías. Iso ten ademais, un efecto directo de avance da eficiencia da Administración, indicou. Na actualidade, segundo Fernández Antonio, cada vez é maior o uso de Internet para acceder a determinados servizos públicos, e a comparación desa interacción coa media española e europea, sitúan a Galicia nunha posición máis favorable no caso da interacción cos cidadáns.

Exemplo diso, engadiu, témolo na propia Consellería de Economía e Facenda a través da Oficina Virtutal Tributaria -con ratios de uso dos servizos á cabeza de España-, e tamén a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), onde impulsan a implantación de tecnoloxías da información e as comunicacións nas empresas, e a difusión das ferramentas de desenvolvemento tecnolóxico para o incremento da competitividade e produtividade empresarial. Tamén neste ámbito, engadiu o conselleiro, a actividade de Xesgalicia, a xestora de fondos de capital risco da Xunta de Galicia, xoga un importante papel no apoio aos proxectos e iniciativas empresariais de ámbito tecnolóxico.

A variación interanual do IPC sitúase en Galicia no 4,6% ao rematar o mes de marzo

Os grupos con mellor comportamento no mes de marzo foron “Medicina”, “Ensino” e“Comunicacións”

Lugo foi a provincia galega na que se menos de se incrementaron os prezos durante o pasado mes

A variación interanual do IPC situouse en Galicia no 4,6% ao finalizar o mes de marzo. Con este rexistro, o nivel de prezos respecto do mesmo mes do ano anterior sitúase unha décima por riba da media do conxunto de España. Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística, que recollen tamén que o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) se incrementou o pasado mes, un 1,0%, unha décima máis que a media española.

Na evolución por capítulos, os grupos que presentaron un mellor comportamento en marzo foron “Medicina”, onde os prezos decreceron un -1,2%, “Ensino”, posto que non sufriu variación respecto do mes anterior e “Comunicacións” onde subiron un 0,1%. Pola contra, os grupos que presentan unha subida dos prezos máis elevada son “Vestido e Calzado” (3,7%), “Transporte” (1,8%) e “Hoteis, cafés e restaurantes” (1,2%).

Na evolución interanual, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista foron o de “Comunicacións” e o de “Ocio e Cultura” nos que os prezos baixaron un -0,5% e un -0,1% respectivamente. Por outra banda, os grupos cunha maior suba dos prezos foron “Transporte” (7,6%), “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (6,8%) e “Vivenda” (6,7%).

Índices provinciais
En relación cos índices provinciais, Lugo é a provincia galega que presenta unha menor subida dos prezos en termos intermensuais cun 0,9%. No que a variación interanual se refire, A Coruña e Pontevedra son as provincias nas que menos se incrementan os prezos cun 4,6% ambas as dúas.

  IPC Intermensual IPC Acumulado IPC Interanual
GALICIA 1,0 0,2 4,6
ESPAÑA 0,9 0,4 4,5

  IPC Intermensual IPC Acumulado IPC Interanual
A CORUÑA 1,1 0,4 4,6
LUGO 0,9 - 0,3 4,9
OURENSE 1,1 0,5 4,8
PONTEVEDRA 1,1 0,1 4,6

 

Variacións porcentuais dos 12 grupos sobre o ano anterior

  Galicia España
Alimentos e bebidas non alcohólicas 6,8 6,9
Bebidas alcohólicas e tabaco 3,5 4,0
Vestido e calzado 0,7 0,8
Vivenda 6,7 5,4
Enxoval 2,9 2,5
Medicina 0,6 0,9
Transporte 7,6 7,5
Comunicacións -0,5 -0,5
Ocio e cultura -0,1 0,2
Ensino 4,2 3,8
Hoteis, cafés e restaurantes 5,8 5,2
Outros 2,8 3,1
Xeral 4,6 4,5


Fernández Antonio defende que a economía galega ten marxe de manobra para afrontar a gradual desaceleración do crecemento creando emprego

O conselleiro de Economía e Facenda sinalou como obxectivo do crecemento da economía galega para 2008 o 2,8%, por riba do entorno, o que permite manter o dobre obxectivo de seguir creando emprego e manterse na senda da converxencia

A actitude vixiante e proactiva da Xunta de Galicia levou en xaneiro a anticipar medidas de dinamización no ámbito da obra pública, a vivenda e as políticas sociais, e o apoio ao financiamento empresarial

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, subliñou hoxe que a situación económica internacional, á que non é allea Galicia, permite manter o dobre obxectivo de medrar por riba do entorno e seguir creando emprego, por un lado, e de proseguir na senda da converxencia, por outro. O complexo escenario internacional, caracterizado pola ralentización do crecemento que reflicten as revisións das previsións dos organismos internacionais, será visible no conxunto de Europa e España, se ben con distinta intensidade segundo países e comunidades. No caso de Galicia, explicou Fernández Antonio, hai fortalezas coma o dinamismo da economía nos dous últimos anos, a solvencia do sistema financeiro, ou as medidas adoptadas ao inicio do ano. Isto, unido aos fundamentos do modelo de crecemento e ás bases da política económica e orzamentaria, permitirán afrontar a situación actual cunha perspectiva que, dende a prudencia, é positiva respecto do mantemento do obxectivo de avanzar na converxencia.

O conselleiro interveu no Parlamento para dar conta do peche do exercicio 2007 que definiu como “un bo ano en termos orzamentarios, cun incremento do investimento produtivo significativo, e un alto grao de execución orzamentaria”. A Xunta de Galicia culminou o exercicio cun forte incremento do investimento produtivo (1.264 millóns de euros, un 11,8% máis) e cuns ingresos non financeiros que por primeira vez superaron a cifra dos dez mil millóns de euros tras medrar un 8,8% sobre o ano anterior. O incremento de 404 millóns de euros sobre a previsión inicial elevan a cifra total .de ingresos non financeiros do exercicio ata os 10.638 millóns de euros, un 3,9% máis da previsión inicial. O superávit do exercicio en termos de contabilidade nacional acadou os 92 millóns de euros.

Sólida posición financeira
Estes datos reflicten, segundo Fernández Antonio, a sólida posición financeira da Xunta ao finalizar 2007 e o dinamismo da economía galega no conxunto do ano que, segundo recoñeceu, experimentou no último trimestre unha desaceleración do ritmo de crecemento. A partir desa situación, o conselleiro abordou o contexto económico internacional dos últimos meses, caracterizado, segundo expuxo por tres factores principais:

- En primeiro lugar, a súa dobre orixe financeira e inmobiliaria nos Estados Unidos, coa crise das hipotecas subprime xurdida en agosto de 2007
- En segundo lugar, o tensionamento dos mercados financeiros que provocou un escenario de falta de liquidez e restricións de crédito
- En terceiro lugar, a coincidencia desta situación con factores coma o incremento de prezos do cru e outras materias primas, ou o axuste nos mercados inmobiliarios co fin do ciclo expansivo.

Todo iso, segundo explicou o conselleiro, ten derivado nas variables de crecemento económico. Dende a segunda metade do ano 2007 os principais organismos económicos internacionais teñen revisado as previsións de crecemento mundial que manexaban hai un ano. O FMI fará unha nova revisión mañá; mentres que o Banco de España situou no seu último informe unha previsión do 2,4% para a economía española en 2008.

Neste contexto, Fernández Antonio enmarcou a revisión da previsión de crecemento para a economía galega que situou no 2,8% para 2008. Dita estimación, engadiu, é compatible co mantemento da creación de emprego en 20.500 empregos. “A día de hoxe –explicou o conselleiro- é un obxectivo razoable que permite un dobre obxectivo: proseguir creando emprego, e avanzar no proceso de converxencia”..

Actitude proactiva de dinamización
Á marxe das previsións, o conselleiro tamén subliñou a actitude vixiante e proactiva do Goberno galego nos últimos meses que, segundo afirmou, “está tomando todas as medidas ao seu alcance”. Fernández Antonio aludía así ao paquete de medidas aprobado o pasado mes de xaneiro para a dinamización da economía galega como o impulso da licitación pública –cun plan dotado con 1.575 millóns de euros en 2008- que perseguirá a axilización da licitación e contratación de obra pública no ámbito das estradas, a vivenda, o solo industrial e as infraestruturas hidráulicas. Igualmente, o conselleiro destacou o impulso ao apoio empresarial para que, afirmou, “ningún proxecto de investimento quede sen financiamento”. Neste sentido, lembrou a recente sinatura dun convenio co ICO que habilitará financiamento por importe de máis de 400 millóns de euros; ou as distintas iniciativas impulsadas polo Igape e Xesgalicia, que mobilizarán máis de 700 millóns de euros en apoios directos e compartidos durante o presente ano.

Por último, o conselleiro aludiu aos ámbitos da vivenda –co impulso do Programa de Vivenda en Aluguer, ou a posta a disposición da iniciativa privada de solo residencial para a construción de vivendas protexidas-; ou a posta en marcha da Lei de Dependencia, que permitirá contribuír á creación de emprego, a través da profesionalización da figura do coidador das persoas dependentes no ámbito da familia


O conselleiro de Economía e Facenda salienta a gran oportunidade dun mercado internacional moi amplo para as empresas galegas

 

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, salientou hoxe a gran oportunidade que supón o mercado internacional de licitacións para o crecemento das empresas galegas ás que animou a impulsar a súa participación nel. O conselleiro, que clausurou a xornada O acceso da empresa galega ao mercado das licitacións internacionais organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), destacou o apoio da política económica da Xunta de Galicia á proxección internacional da economía galega que, indicou, xa ten un elevado grado de apertura. Así, segundo explicou, “Galicia está crecendo nas exportacións o dobre que a media española e temos un peso nas exportacións españolas que case duplica o peso que ten Galicia na economía española”.

O mercado das licitacións internacionais, segundo Fernández Antonio, supón unha boa oportunidade para gañar posicións no contexto internacional e, nese sentido, ofreceu os instrumentos dos que dispón o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) tanto no ámbito do asesoramento, como no de información e no dos apoios financeiros. Segundo lembrou, nas bases reguladoras das liñas de apoio do Instituto, introducíronse este ano importantes novidades no ámbito da internacionalización co obxectivo de incrementar e profundizar nos apoios ás empresas e aos proxectos cooperativos de grupos de empresas. Entre elas, e xunto co apoio ás licitacións internacionais, o conselleiro citou o apoio ás misións tecnolóxicas no exterior; ou apoio á implantación comercial e ao desenvolvemento de centros loxísticos. Ademais, engadiu, o Igape ofrece a utilización doutros mecanismos en colaboración con outras institucións para cubrir os múltiples aspectos que poden ser necesarios para abordar procesos de internacionalización.

As empresas galegas contan xa con posicións importantes no mercado mundial o que reflicte que Galicia está a gañar a batalla da globalización. Nese sentido, o conselleiro animou aos empresarios galegos a aproveitar un mercado tan amplo porque permitirá “a mellora da competitividade das empresas e o crecemento e desenvolvemento económico” de Galicia.

 


 

O IGAPE impulsa a modernización do sector turístico coa ampliación do proxecto EHO-5s

 

Para desenvolver esta iniciativa o Instituto asinou un novo convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de hostalería de Ferrol e comarcas, Caixanova, a Universidade de Santiago e Feuga. O Proxecto Ferrol Excelencia Hostaleira cos cinco sentidos (EHO-5s) está encamiñado a dotar á hostalería da área de Ferrol dunha cultura da excelencia e fomentar a fidelización dos consumidores. Ademais, no acto entregáronse tamén os certificados de excelencia EHO-5s a 34 establecementos hostaleiros das áreas de Ferrol, Eume e Ortegal incluidos no programa o pasado ano.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), impulsa a modernización do sector turístico na área de Ferrol coa ampliación do Proxecto Ferrol Excelencia Hostaleira cos cinco sentidos (EHO-5s) a 35 novos establecementos hostaleiros das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Estes 35 establecementos sumaranse aos 34 que xa acadaran a certificación de excelencia hostaleira no 2007. O director xeral do Instituto –dependente da Consellería de Economía e Facenda-, Álvaro Álvarez-Blázquez, asinou hoxe en Ferrol co presidente da Asociación de empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas, Julio Martínez, o director de Caixanova na comarca de Ferrol, Ángel Manuel Martínez Moar, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, e o sudirector xeral da Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga), Santiago Álvarez Iglesias, o convenio de colaboración que permitirá realizar a segunda edición deste proxecto financiado polo Igape. Durante o acto, entregáronse tamén os certificados de excelencia EHO-5s aos titulares dos 34 establecementos da área de Ferrolterra que acadaran a excelencia hostaleira no programa do ano pasado.

A ampliación do programa EHO-5s conta cun orzamento total de 130.000 euros, do que case un 62% será financiado polo Igape e o resto será aportado por Caixanova e pola propia Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas. Feuga, como entidade especializada en achegar recursos destinados á investigación vinculada á Universidade forma parte da comisión de seguimento do programa e coordina a xestión económica do plan. O responsable do desenvolvemento da metodoloxía e da coordinación dos traballos, por parte da Universidade de Santiago de Compostela, é o profesor e director da Unidade de Psicoloxía do consumidor e Usuario, Jesús Varela Mallou.

ImageA nova convocatoria establece o próximo 31 de decembro do 2008 como data límite para a execución das accións programadas para procurar a extensión da excelencia hostaleira a 35 novas pemes. Esta convocatoria contempla entre as súas accións a posta en valor do selo e o seguimento das mesmas nos establecementos que acadaron a certificación de excelencia.

Que é EHO-5s
O programa EHO-5s é un modelo de xestión integral para o sector da hostalería que ten como finalidade o impulso da modernización do sector turístico e o fomento dunha cultura da excelencia no campo da hostalería. Precisamente no Plan de Desenvolvemento Integral das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, aparece contemplado o desenvolvemento e a dinamización do sector turístico como iniciativa prioritaria.

Esta ferramenta de excelencia está integrada por un manual de protocolo, indicadores de excelencia na xestión, escalas de satisfacción dos clientes (avaliación, control e seguimento), e por un conxunto de informes de mercado orientados ao benchmarking e á priorización das posibles accións estratéxicas a emprender de cara á excelencia.

En definitiva, o proxecto Ferrol Excelencia Hostaleira (EHO-5s) é un sistema de normas e indicadores encamiñado a dotar a área de Ferrol dunha hostalería que responda ás expectativas dos seus usuarios, e ten como principal obxectivo aumentar a satisfacción dos consumidores e, en consecuencia, fomentar a fidelización.

 


 

Fernández Antonio subliña que o PIB por habitante en Galicia medrou en sete puntos respecto do 2004

 

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, subliñou hoxe que o PIB por habitante en Galicia medrou en sete puntos nos dous últimos anos e sitúase xa no 88,6% da media da Unión Europea de 27 países, fronte ao 81,4% do ano 2004. Así o explicou o conselleiro no Parlamento, onde respondeu a unha interpelación sobre fondos comunitarios na que explicou a estratexia de Galicia no período 2007-2013.

Galicia recibirá 5.674 millóns de euros de axuda comunitaria o que supón, segundo o conselleiro, “un importante volume de recursos para impulsar o novo modelo de crecemento”. A estratexia de Galicia para o novo período enmárcase na reorientación da política económica abordada polo Goberno galego dende o ano 2005 e parte dunha situación inicial caracterizada por dous elementos principais: en primeiro lugar, o feito de que Galicia inicia o novo marco 2007-2013 no grupo das rexións Obxectivo Converxencia, pese a ter excedido hoxe o nivel de renda que caracteriza a estas rexións. E en segundo lugar, polo feito de ser a comunidade autónoma que máis fondos recibe neste novo período tras Andalucía. Neste contexto, afirmou o conselleiro, o importante é o aproveitamento intenso dos recursos. “Trátase de gastar mellor e, sobre todo, de multiplicar o impacto positivo do gasto na economía galega”, sinalou.

O modelo de crecemento impulsado polo Goberno, lembrou Fernández Antonio, aposta polo investimento en capital humano, en capital físico e en capital tecnolóxico, co obxectivo de acadar un crecemento sostido e sostible. Este modelo aposta decididamente polos factores de desenvolvemento vinculados á Axenda de Lisboa. ”O obxectivo final é o de renovar as bases da competitividade, aumentar o potencial crecemento e a produtividade e reforzar a cohesión social, a través do coñecemento, a innovación e a valorización do capital humano”, afirmou.

En segundo lugar, a nova estratexia persegue impulsar o crecemento e acelerar o proceso de converxencia de Galicia coas rexións e países máis desenvolvidos. Así, segundo as últimas estimacións do nivel de converxencia, a renda per cápita relativa medrou en 7,2 puntos nos dous últimos anos ao pasar do 81,4% da media da Unión Europa de 27 países en 2004, ao 88,6% estimado para 2007. Ademais, engadiu Fernández Antonio, entre 2005 e 2007 Galicia triplicou o avance da converxencia con 2,4 puntos por ano, fronte ao 0,7 anual do período 1995-2004.

Os 5.674 millóns de euros de axuda comunitaria que recibirá Galicia suporán un importante apoio para o impulso do novo modelo e unha mellora respecto do período anterior. Representan o 14,3% do total de axudas comunitarias que recibirá España ata o ano 2013, fronte ao 9% do período anterior. Ademais, a Xunta xestionará o 47,5% deste volume de fondos, dous puntos por riba do que a Comunidade autónoma xestionou no período 2000-2006.


 

Fernández Antonio asina coas entidades financeiras o convenio para prestamos preferenciais ás empresas galegas por importe de 40 millóns de euros

 

O Conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Ramón Fernández Antonio, asinou hoxe cos representantes das sociedades de garantía recíproca galegas –Sogarpo e Afigal- e dun grupo integrado por unha vintena de entidades financeiras, un convenio de colaboración que ten como obxectivo facilitar ás microempresas, ás pequenas e medianas empresas (pemes) e aos emprendedores galegos a posta en marcha dos seus proxectos de investimento. O convenio ven a dar continuidade ao firmado en maio do pasado ano e contempla a creación de tres liñas de financiamento por un importe conxunto de 40 millóns de euros.

Fernández Antonio explicou que estes préstamos preferenciais enmárcanse na estratexia que impulsa a Consellería de Economía e Facenda para potenciar os instrumentos financeiros de carácter reembolsable e de riscos compartidos. Co obxectivo de estimular a creación de novas sociedades e apoiar as iniciativas orientadas á mellora da competitividade das empresas, os préstamos son compatibles con outras fontes de financiamento, tanto préstamos como subvencións, e deberán ir destinados ao financiamento de investimentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano.

Facilitar o acceso ao crédito avalado
As garantías e custos de xestión adoitan ser os principais atrancos que atopan os emprendedores e as pemes para acceder ao financiamento necesario para impulsar investimentos. Facilitar o financiamento destes tres modelos de investimento -microempresas, emprendedores e pemes que desexan crecer e mellorar- é o obxectivo do convenio mediante o cal o Igape fará posible, coas súas compensacións ás SGR e ás entidades financeiras colaboradoras, que as empresas dispoñan de créditos avalados na súa totalidade e cunhas ventaxosas condicións de xuros. Ademais, o procedemento previsto permitirá unha tramitación máis áxil, ao incorporar un novo mecanismo de formalización anticipada que se suma á tramitación telemática.


Xuros e prazos vantaxosos
O convenio asinado hoxe prevé unha liña específica, dotada con ata 20 millóns de euros, para apoiar o financiamento de proxectos impulsados por microempresas. Os préstamos, de ata 25.000 euros e a un xuro resultante de sumarlle ao euríbor 0,20 puntos porcentuais, poden financiar o 100% dos investimentos promovidos polas sociedades con menos de 10 traballadores. O prazo de amortización previsto é de 5 anos.

A Liña Peme Xove, para empresas novas ou con menos de dous anos de actividade, estará dotada de 10 millóns de euros. Os préstamos, de 25.000 a 120.000 euros e a un xuro igual ao euríbor+0,40 puntos, poden financiar ata o 90% dos investimentos dos emprendedores. O prazo de amortización destes préstamos, o mesmo que rexe para os concedidos ao abeiro da liña Peme Competitividade, pode oscilar entre 5 e 7 anos.

Finalmente, a Liña Peme Competitiva está dotada con outros 10 millóns de euros. Os préstamos, tamén entre 25.000 e 120.000 euros e a xuro euríbor+0,40, poden financiar ata o 75% dos investimentos promovidos por pemes con máis de dous anos de antigüidade que impulsen investimentos destinados a mellorar a súa competitividade. Preferentemente, poderán acollerse a esta liña empresas beneficiarias de anteriores liñas de microcréditos.

En 2007, foron apoiados 630 proxectos
Ao amparo do convenio correspondente a 2007 foron aprobadas 656 solicitudes de apoio a outras tantas iniciativas empresarias: 520 dos préstamos apoiados corresponderon á liñas para microempresas, 112 concedéronse na liña para emprendedores e 24 foron para pemes que decidiron investir para mellorar a súa competitividade. Ademais hai 99 solicitudes de préstamo en estudo.


Entidades asinantes
Ademais das dúas sociedades de garantía recíproca de Galicia, Afigal e Sogarpo, subscribiron co Igape este convenio de apoio financeiro para microempresas, emprendedores e pemes as seguintes entidades financeiras: Banco Pastor, Banco Espirito Santo, La Caixa, Microbank de La Caixa, Banco Popular Español, Banco Gallego, Xaixa Rural Galega, Banesto, BBVA, Banco de Sabadell, Banco de Galicia, Caixa Galicia, Caixanova, Caja España, Banco Caixa Geral, Banco de Santander, Bancaja, Caja Madrid, Bankinter e Banco Etcheverría.

 


 

Fernández Antonio salienta a importancia das redes estables de cooperación para captar fondos da unión europea e impulsar a competitividade de galicia

 

O impulso da innovación nos procesos e produtos empresariais e a constitución de redes estables de cooperación en materia tecnolóxica son elementos clave para o incremento da competitividade da economía galega e unha das prioridades da programación abordada polo Goberno galego cara ao novo período de fondos comunitarios 2007-2013. O aproveitamento por parte das institucións e das empresas do importante volume de recursos dispoñibles nos distintos programas, é unha excelente oportunidade para que Galicia avance cara a unha economía baseada no coñecemento, na innovación e na internacionalización. Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio na clausura do Seminario Transnacional “Investigación, Desenvolvemento, Innovación” que tivo lugar en A Coruña no marco do Programa Operativo do Sudoeste Europeo (SUDOE) 2007-2013.

Financiado con recursos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o programa se enmarca nas iniciativas de cooperación transnacional e está aberto a España, Portugal, Francia e o Reino Unido. Dotado con 99,4 millóns de euros, o obxectivo do programa é consolidar o espazo de cooperación territorial nos ámbitos da competitividade e a innovación, o medio ambiente, o desenvolvemento sostible e a ordenación do territorio.

Fernández Antonio destacou na súa intervención a importancia de traballar en rede, e de desenvolver os sistemas de innovación de cada territorio a través de “proxectos excelentes que teñan impacto no desenvolvemento da actividade económica”. Neste sentido, o conselleiro animou ás institucións galegas a presentar proxectos de calidade á convocatoria que se abrirá o próximo mes de abril.

Segundo avanzou Fernández Antonio, o Programa Operativo conta con catro prioridades. A prioridade que ten unha maior dotación económica é a referida á promoción da innovación e a constitución de redes estables de cooperación en materia tecnolóxica, para a que se prevén 32,7 millóns de euros. As restantes prioridades son a mellora da sostenibilidade para a protección e conservación do medio ambiente e o entorno natural do SUDOE, cunha dotación de 23,3 millóns de euros; a integración harmoniosa do espazo SUDOE e a mellora da accesibilidade ás redes de información, para a que se ten prevista unha asignación de 23,5 millóns de euros; e o impulso do desenvolvemento urbano sostible a través do aproveitamento dos efectos positivos da cooperación transnacional cunha dotación de 14 millóns de euros.

Con respecto aos tipos de proxectos da primeira convocatoria, Fernández Antonio destacou que, por unha parte está a estruturación global do territorio e por outra, os proxectos estratéxicos de investigación, desenvolvemento e innovación, as redes de excelencia, a accesibilidade e a ordenación territorial, a planificación ambiental ou a xestión de recursos. O conselleiro explicou tamén, que o vindeiro mes de marzo está previsto que se celebre o primeiro Comité de Seguimento do Programa a través do cal se aprobarán os criterios de selección dos proxectos e os datos da primeira convocatoria.


 

Fernández Antonio anuncia a próxima sinatura dun convenio para impulsar préstamos a microempresas e pemes por importe de 40 millóns de euros

 

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, anunciou hoxe a próxima posta en marcha de tres liñas de financiamento para empresas galegas por un importe de 40 millóns de euros. Enmarcadas nas actuacións de dinamización da economía galega, o conselleiro sinalou que o próximo Consello da Xunta de Galicia analizará a proposta do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a autorización dun convenio entre o instituto dependente da consellería, as sociedades de garantía recíproca da comunidade (Afigal e Sogarpo) e as entidades financeiras. Os 40 millóns de euros distribuiranse en tres liñas destinadas ás microempresas; aos emprendedores (Liña Peme Nova); e aos proxectos de innovación e mellora (Liña Peme Competitiva). Os préstamos acollidos a estas liñas, explicou Fernández Antonio, contarán cun diferencial respecto ao xuro de referencia moi competitivo que situou “entre 0,20 e 0,40 puntos por riba do Euribor”.

O conselleiro tamén destacou, dentro das actuacións de impulso da internacionalización a próxima sinatura dun convenio entre o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX), o Consello Regulador de Denominación de Orixe dos viños Rías Baixas e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), para o período 2008-2010. Mediante este convenio –o segundo que se asina- impulsaranse as exportacións de viños de orixe Rías Baixas aos Estados Unidos. Segundo explicou o conselleiro, este convenio xa estivo vixente na última campaña o que permitiu duplicar a exportación destes viños aos EE UU.

Galicia liderou o crecemento do sector servizos en 2007
Tras a inauguración do acto, o conselleiro valorou a publicación hoxe dos datos da evolución do sector servizos en España e Galicia. Segundo indicou, “a cifra de negocios do sector servizos de Galicia crece máis que no resto de España e Galicia é a primeira Comunidade Autónoma en crecemento da facturación do sector servizos no ano 2007”. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), a cifra de negocios en Galicia medrou un 8,9% fronte a unha media española do 6,7%. En termos de persoal ocupado, Galicia é a segunda comunidade en crecemento de persoal ocupado despois das Illas Baleares, cun 3,5% de incremento. “Seguimos nunha senda de converxencia coas rexións máis avanzadas e cuns fundamentos sólidos da nosa economía no sector industrial, no sector servizos e no sector das exportacións, da internacionalización”, salientou o conselleiro.


 

Fernández Antonio subliñou que a economía galega dispón duns sólidos fundamentos que sustentan o obxectivo de seguir medrando por riba do noso entorno, e avanzando na senda da converxencia

 

A economía galega dispón dunhas bases sólidas que permitirán a continuidade dun crecemento sostible, a pesar das turbulencias financeiras e da moderación do crecemento mundial. As perspectivas para os próximos meses en Galicia apuntan ao mantemento dun ritmo de crecemento económico superior ao do noso entorno o que permite manter o obxectivo de seguir medrando de forma sostible e creando emprego. Así o explicou hoxe o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, que compareceu no Parlamento para explicar a situación da economía galega no contexto internacional actual.

Segundo explicou o conselleiro, a conxuntura económica actual caracterízase pola desaceleración do crecemento mundial –cunha previsión para o 2008 do 4,1%- e polas tensións do sistema financeiro internacional. Nese contexto, Galicia, que ten hoxe un elevado grao de integración nos mercados mundiais, non é inmune á situación xeral pero dispón de sólidos fundamentos para afrontar o futuro. “O dinamismo amosado pola economía galega dende finais de 2005 e as previsións de evolución permitennos manter o obxectivo de continuar crecendo por riba do noso entorno e seguir así a senda de converxencia con España e coa Unión Europea”, afirmou. Á espera de coñecer os datos finais da contabilidade trimestral, en 2007 a economía galega terá acadado un crecemento en torno ao 4% segundo lembrou o conselleiro. Isto supón, engadiu, que Galicia acumula oito trimestres consecutivos crecendo por riba da media española e europea “rompendo así a crónica tendencia dun crecemento inferior salvo nos anos Xacobeos”, afirmou. No cuatrienio 2001-2004, segundo lembrou, a taxa media anual do crecemento económico de Galicia quedou por baixo do 3%, mentres a da economía española si se situou dúas decimas por riba deste valor.

Cambio da tendencia nos principais indicadores
Na súa exposición, o conselleiro repasou os indicadores de actividade da economía galega nos dous últimos anos que reflicten “un ritmo de crecemento máis intenso e unha composición máis equilibrada” que a do caso español. O crecemento dos oito últimos trimestres, ademais, foi acompañado dunha forte creación de emprego con 90.000 novos empregos desde o inicio do ano 2005. A taxa de paro, explicou, diminuíu en cinco puntos porcentuais ao pasar do 12,6% a finais de 2004, ata o 7,5% na actualidade. Este indicador, subliñou, “está en mínimos históricos co nivel máis baixo dos últimos 25 anos”. Igualmente, engadiu, mellorou a calidade no emprego tal e como reflicten os datos de temporalidade, hoxe por debaixo do 30% en Galicia.

En canto aos datos da produción, o conselleiro subliñou o bo comportamento dos sectores industrial, de servizos e exterior, con valores que superan significativamente as medias de España e sustentan a solidez das bases económicas de Galicia. Igualmente, sinalou que o investimento –relevante indicador da confianza empresarial- rexistra en Galicia elevados niveis que no 2007 acadaron o 7% de crecemento fronte ao 6,2% de España. “Neste caso, como nos outros indicadores, tamén se ten invertido a tendencia da primeira parte da década actual, cando Galicia rexistraba sistematicamente menores crecementos que a media española”, afirmou.

Continuidade da política económica e actitude vixiante
Tras expoñer polo miúdo o conxunto de indicadores oficiais que avalan a positiva situación e perspectivas da economía galega, o conselleiro enmarcou a evolución recente no contexto da acción de Goberno. Segundo explicou, “a continuidade coa política económica e orzamentaria do Goberno, xunto co saneamento financeiro, permitirán abordar, no seu caso, medidas complementarias e selectivas de dinamización”. Neste sentido, Fernández Antonio lembrou que a actual situación de desaceleración xa foi tida en conta na elaboración das previsións orzamentarias para 2008, e insistiu en que a Xunta de Galicia manterá unha actitude vixiante e activa no futuro inmediato. Así, xunto co reforzo das prioridades da política económica reflectidas nos orzamentos do presente exercicio, o Goberno elaborou e puxo en marcha un conxunto de medidas para dinamizar a economía en xeral e, particularmente, para estimular a actividade no sector da construción, afectado pola caída da demanda.

Neste sentido, entre as medidas aprobadas o pasado mes polo Consello da Xunta, o conselleiro destacou o impulso á licitación pública a través dun plan dotado con 1.575 millóns de euros no ano 2008, e que recolle actuacións en infraestruturas de transportes, obras hidráulicas, actuacións en vivenda e solo, e en centros sanitarios e educativos. Igualmente, no ámbito da política fiscal, Fernández Antonio aludiu á reforma en profundidade do Imposto de Sucesións e Doazóns; e a deflactación das tarifas no IRPF e o incremento dos mínimos persoais e familiares. Por último, no terreo das políticas sociais, o conselleiro salientou a actualización das pensións, os incrementos das pensións mínimas, e os programas de vivenda en aluguer; o apoio ao autoemprego; e as vinculadas á Lei de Dependencia e ao plan de solo residencial para a construción de vivendas de protexidas.

Por último, o conselleiro lembrou Igape e Xesgalicia, teñen reforzado a súa acción a través dos seus plans estratéxicos orientados a potenciar a competitividade, a produtividade e a internacionalización das empresas galegas a través da innovación,a formación especializada, as fórmulas de cooperación, e a diversificación e ampliación dos apoios financeiros. O esquema de apoios impulsado dende a Xunta, lembrou o conselleiro, potencia as tres liñas prioritarias da estratexia de promoción empresarial: as axudas a investimentos produtivos; os préstamos preferenciais e avais; e as fórmulas de risco compartido cos empresarios. Este ano, a suma destas liñas, entre apoios directos e compartidos con outras entidades, ascenderá a un total de 712 millóns de euros, un 22% máis que o ano pasado, o que permitirá un investimento inducido na nosa Comunidade de 2.000 millóns de euros.


 

Fernández Antonio cifra en 2.000 millones de euros la inversión empresarial que se materializará este año en Galicia con apoyos de Igape y Xesgalicia

 

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a xestora de fondos de capital risco Xesgalicia contribuirán a materialización de investimentos empresariais en Galicia por importe de 2.000 millóns de euros en 2008, o que supón un incremento aproximado do 46% respecto do investimento inducido no último exercicio. Así o avanzou o conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, quen subliñou que os instrumentos de apoio empresarial da Xunta de Galicia contribuirán a dito investimentos con 712 millóns de euros entre apoios directos e compartidos con outras entidades como Incentivos Rexionais, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MYTIC), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) ou a Sociedad Estatal de Promoción y Desarrollo Industrial (Sepides). En total, o incremento neste apartado elévase un 22% sobre 2007.

O conselleiro tamén avanzou o novo esquema de apoios ao investimento empresarial que avanza nas liñas do plan estratéxico do Igape en materia de incentivos, servizos ás empresas e internacionalización. Co novo esquema, segundo afirmou, “Galicia gaña en competitividade e capacidade de atracción para a posta en marcha de novas actividades e captación de investimentos”. Neste sentido, Fernández Antonio anunciou que as novas bases reguladoras do Igape –aprobadas polo consello de administración celebrado hoxe- inclúen maior intensidade das axudas, maior selección e concentración de esforzos, e unha simplificación de criterios que aportará máis axilidade e eficacia nos apoios públicos. Deste xeito, subliñou, avánzase na estratexia de promoción empresarial orientada a “reforzar os apoios ao investimento, fomentar a cooperación empresarial e a internacionalización, e impulsar a competitividade e produtividade das empresas, e a creación de emprego”.

Novo esquema de incentivos.
O esquema de apoios exposto polo conselleiro potencia as tres liñas prioritarias da estratexia de promoción empresarial: as axudas a investimentos produtivos; os préstamos preferenciales e avais; e as fórmulas de capital risco. No primeiro ámbito, as novas bases de incentivos reducen a 500.000 euros o investimento mínimo subvencionable xeral; que será de 200.000 euros nas comarcas con especiais condicións de apoio, como Ferrolterra, Costa da Morte ou Valdeorras.

No ámbito de préstamos preferenciais, inclúense os programas que o Igape pon a disposición das empresas galegas grazas a recursos captados de institucións como o Banco Europeo de Investimentos, o ICO ou o MYTIC. Por último, no ámbito do capital risco, e en liña coa estratexia de potenciar os instrumentos financerios de carácter reembolsable e de riscos compartidos, Xesgalicia potenciará a súa actividade ao través dos seus fondos Sodiga, Emprende, Adiante, Semente e Capacita; e da súa participación noutros como Biofocus ou Unirisco. Neste sentido, segundo expuxo o conselleiro, Xesgalicia prevé investir 85 millóns de euros en máis de vinte proxectos empresariais. Acentúase así a progresión dos dous últimos anos: en 2005 Xesgalicia investiu 6,7 millóns de euros en seis proxectos; mentres que nos dous anos seguinte so investimento medio foi de 38 millóns anuais con 21 proxectos por ano.

Tamén en liña coa estratexia de impulsar a asesoría e servizos a empresas, fundamentalmente pemes, o Igape amplía e impulsa as accións das empresas en materia de formación especializada e consultoría. Neste sentido, o Igape tamén impulsa unha nova liña de incentivos á formación empresarial, destinada a facilitar a formación de directivos, mandos intermedios e equipos técnicos a partir de proxectos impulsados por pemes ou por organismos intermedios. Con carácter xeral, segundo lembrou o conselleiro, reforzaranse os apoios a proxectos colectivos impulsados por asociacións e clústers como vía para gañar en competitividade grazas á cooperación empresarial.

Respaldo á implantación comercial no exterior.
Este último aspecto tamén será primado na terceira liña das novas bases reguladoras, isto é, a de internacionalización. A través desta liña se prima as iniciativas impulsadas mediante agrupacións empresariais e clusters sobre as individuais e se aposta por apoiar especialmente a implantación comercial de empresas galegas nos mercados emerxentes de máis alto crecemento: China, Rusia, India, Brasil e México, así como nos países que veñen de incorporarse á Unión Europea. Un dos xeitos de apoio previstos para favorecer a captación destes novos mercados de alto crecemento é mediante as axudas para custos de alugamento de plataformas loxísticas conxuntas (para cinco ou máis empresas) durante os dous primeiros anos.

Outras novidades das liñas coas que o Igape prevé impulsar a internacionalización do tecido empresarial galego son os apoios para concorrer a licitacións públicas internacionais ou a asistencia técnica directa a empresarios de orixe galega no exterior para a análise de oportunidades de negocio e cooperación conxunta nos países onde estean asentados. Do mesmo xeito, o Igape prevé apoiar a incorporación laboral de especialistas en comercio internacional a clústers, agrupacións empresariais innovadoras e empresas.


 

Fernández Antonio destaca que os sólidos fundamentos da economía galega permiten afrontar a desaceleración mantendo o obxectivo de continuar a crecer máis que o entorno

 

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, salientou hoxe que a desaceleración moderada do ciclo económico das principais economías mundiais se trasladarán a Galicia cunha menor intensidade tal e como anticipan algúns dos indicadores de actividade. O feito de ter unha economía máis equilibrada e sólida que o entorno permitirá a Galicia afrontar o contexto internacional nunha posición máis favorable que a do entorno. “Neste panorama mundial de moderación do crecemento, Galicia ten uns fundamentos sólidos da súa economía; está en mellor situación que o seu entorno, e está a crecer a maior ritmo. Nese sentido, abordamos a situación internacional cunha previsión de moderación do crecemento pero co obxectivo de continuar crecendo por riba das medias de España e Europa”, afirmou.

A Xunta de Galicia mantén a vixilancia da evolución dos principais indicadores de actividade e emprego que, como recoñeceu o conselleiro, están a rexistrar unha moderación no seu crecemento aínda que seguen a presentar diferenciais positivos respecto da economía española e europea. Tras expoñer polo miúdo os principais datos de conxuntura, o conselleiro avanzou que a previsión de crecemento do último trimestre do 2007 está en torno ao 3,8%, mentres que para o conxunto do exercicio, segundo lembrou, se sitúa en torno ao 4%. O conselleiro salientou, neste sentido, que dende finais de 2005 acumúlanse oito trimestres crecendo por riba da media española o que supón a ruptura “na tendencia crónica de medrar por baixo, salvo nos anos dos Xacobeos”.

Respecto da produción industrial, explicou o conselleiro, o último dato coñecido –mes de novembro- reflicte un crecemento interanual do 4,6%, dous puntos superior á media española. Tan só tres comunidades autónomas teñen un rexistro superior neste indicador. En canto ao sector de servizos de mercado –que aporta o 43% do PIB galego- o crecemento interanual nominal ata novembro sitúa a Galicia como a segunda comunidade con mellor rexistro da cifra de negocios. En concreto, afirmou o conselleiro, o crecemento foi do 9,4% fronte ao 6,9% de España.

Os datos do sector exterior da economía galega tamén amosan un incremento das exportacións nos dez primeiros meses de 2007 do 17,2%, o que supón máis que duplicar a media estatal do 7,5%, e reflicte o elevado grado de internacionalización da economía galega cun peso no conxunto das exportacións estatais que case duplica o seu peso na economía española. Igualmente, destacou Fernández Antonio, a produtividade en Galicia –segundo o dato do terceiro trimestre coñecido- medrou un 1,3% fronte ao 0,8% de España.

Medidas de dinamización
En canto ás medidas de dinamización previstas polo Goberno galego neste contexto, o conselleiro expuxo as medidas da política fiscal de gasto; da política fiscal de ingresos; e as políticas sociais. No ámbito das primeiras, salientou o impulso da licitación pública ao través dun plan de actuacións por valor de 1.575 millóns de euros. O Plan perseguirá a axilización da licitación e contratación de obra pública no ámbito das estradas, a vivenda, o solo industrial e as infraestruturas hidráulicas. Cómpre lembrar, neste sentido, que a licitación ofician na evolución acumulada ata outubro, amosa un crecemento do 15,6% fronte ao descenso en España do -7,4%.

No ámbito da política fiscal, Fernández Antonio aludiu á reforma en profundidade do Imposto de Sucesións e Doazóns; e a deflactación das tarifas no IRPF e o incremento dos mínimos persoais e familiares. Por último, no terreo das políticas sociais, o conselleiro salientou a actualización das pensións, os incrementos das pensións mínimas, e os programas de vivenda en aluguer; o apoio ao autoemprego; e as vinculadas á Lei de Dependencia e ao plan de solo residencial para a construción de vivendas de protexidas.

Valoración da EPA
O conselleiro tamén abordou os datos coñecidos hoxe da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que reflicten, segundo explicou, que Galicia “segue creando emprego e mellora a calidade do mesmo”. Neste sentido, Fernández Antonio salientou o descenso na taxa de termporalidade en 5,8 puntos o que supón situarse por baixo do 30%. “Os propios acordos da mesa de Diálogo Social están favorecendo esta mellora da calidade do emprego en Galicia”, afirmou. O conselleiro tamén subliñou o incremento do nivel de ocupación –dous puntos superior á taxa rexistrada en 2005- e o descenso da taxa de paro ata o 7,5% o que supón seis décimas menos que hai un ano, e 5,1 puntos menos que no cuarto trimestre de 2004. Ademais, segundo salientou, “pasamos de ter unha taxa superior á española a ter unha taxa inferior”, xa que España pechou o ano cun 8,6%. O conselleiro explicou que, pese a que o crecemento do emprego no cuarto trimestre foi a menor ritmo que en trimestres anteriores, a comparativa máis relevante –a interanual- reflicten bos indicadores en creación de emprego, afiliacións á Seguridade Social, e estabilidade. O descenso do desemprego –con 6.000 parados menos no último ano- ascende ao 5,9% fronte ao incremento do 6,5% no conxunto español.


 

Fernández Antonio salienta que a reforma do imposto de sucesións e doazóns contribuirá á dinamización da economía galega

 

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, salientou hoxe que a reforma do Imposto de Sucesión e Doazóns en Galicia facilita e impulsa a dinamización da economía o que supón un elemento de impulso da actividade das empresas. “Galicia gaña en competitividade con esta medida”, afirmou o conselleiro, que tamén apuntou como valor engadido da reforma o de “elevar o nivel de confianza e aproveitar esta conxuntura para crecer máis e mellor e manter o diferencial positivo do crecemento de Galicia con respecto da media española e comunitaria”. Fernández Antonio reuniuse con membros da Asociación Galega da Empresa Familiar, presidida por José Silveira Cañizares.

O conselleiro explicou que a reforma do Imposto de Sucesións e Doazóns ofrece un tratamento especialmente favorable para os dous elementos que teñen unha maior presenza nos patrimonios da gran maioría das familias galegas: a vivenda habitual e as participacións en empresas familiares. Neste último caso, segundo salientou o conselleiro, pódese falar dunha práctica eliminación por canto se establece unha redución do 99%. Ademais, engadiu, “hai un tratamento específico e pioneiro en Galicia no relativo ao que se entende por empresa familiar xa que se contempla ata o cuarto grao de parentesco para fixar o perímetro do que entendemos por empresa familiar”. Neste sentido, engadiu, a reforma “facilita a permanencia, a continuidade dun elemento básico da nosa economía como é a empresa familiar”, nos momentos sempre difíciles que supoñen os procesos de sucesión das empresas.

O conselleiro lembrou que a revisión en profundidade do imposto sitúa a Galicia na banda baixa dos países europeos en canto a esta tributación e salientou que a reforma permitirá que o 90% das herdanzas galegas queden exentas de tributación. Entre as principais características da reforma elaborada pola Consellería de Economía e Facenda figura a exención da tributación para as porcións hereditarias inferiores a 125.000 euros; a eliminación do imposto para a transmisión da vivenda habitual ao cónxuxe cun límite de 600.000 euros; ou as reducións de entre o 95 e o 99% para a transmisión da vivenda aos menores de 25 anos. A orientación e contido social da revisión reflíctese tamén en medidas como a equiparación da fiscalidade das parellas de feito aos matrimonios; a exención da tributación a persoas con discapacidade superior ao 65% e patrimonio inferior aos 3 millóns de euros; ou a ampliación dos beneficios das doazóns de pais a fillos para a adquisición de vivenda e amortización de préstamos hipotecarios.


 

Fernández Antonio destaca que o encontro de empresarios galegos en rede fomentará as novas oportunidades de negocio

 

O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, destacou hoxe que o Encontro de Empresarios Galegos en Rede supón un paso importante dentro da estratexia de apoio á internacionalización da economía galega e á atracción de investimentos. O Encontro organizado polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), vaise celebrar en Santiago entre os días 21 e 25 de xaneiro, e reunirá a máis de 200 empresarios de dentro e de fóra de Galicia, xunto cunha representación das asociacións de empresarios galegos en Arxentina, México, Portugal, República Dominicana, Uruguai, Venezuela, Brasil, Cataluña e Madrid.

Fernández Antonio lembrou que Galicia ten hoxe unha economía máis internacionalizada que a media española, cun peso no total das exportacións estatais que case duplican o seu peso na economía española. Segundo explicou, o apoio á internacionalización é unha prioridade da política económica da Xunta de Galicia e “un elemento básico do noso modelo de crecemento”. A isto únese, engadiu, o impulso á cooperación empresarial, tanto dentro de Galicia como cos empresarios galegos ou de orixe galega no exterior, nos diferentes países. O obxectivo desta colaboración, segundo engadiu, é o de impulsar a aparición de novas oportunidades de negocio, de novos investimentos, e o apoio á innovación empresarial.

O conselleiro salientou o impulso desenvolvidos nos dous últimos a esta política de colaboración entre os empresarios galegos de dentro e de fóra, con iniciativas como a creación da Rede de Empresarios e Profesionais de Orixe Galega -con 370 empresas inscritas-; e o impulso da creación de novas asociacións de empresarios en países como Arxentina, Brasil, México, e República Dominicana. Ademais, aludiu ao programa de bolsas inversas que permiten a mozos descendentes de galegos que residen noutros países ter prácticas en empresas radicadas en Galicia. En definitiva, afirmou, “estamos potenciando a rede de empresarios galegos de dentro e de fóra”, co obxectivos de incrementar as oportunidades de negocio e o crecemento económico de Galicia.

Programa completo
No encontro desenvolverase un amplo programa no que se combinan relatorios especializados, reunións e encontros empresariais, e visitas sectoriais a diferentes empresas de toda Galicia. O encontro abordará fundamentalmente os sectores da pesca, a agricultura, a alimentación, o forestal, as enerxías renovables, a construción, o turismo, o audiovisual e as novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). No evento participará unha importante representación do tecido empresarial galego e do exterior. Os empresarios participantes poderán expoñer os seus modelos e liñas de negocio e iniciativas emprendedoras de distinta índole, así como buscar alianzas estratéxicas ou intercambiar experiencias de traballo.


 

AJE Vigo organiza el II Congreso de Jóvenes Empresarios de Galicia.

 

Tras más de diez años de intenso trabajo en favor del emprendedor la Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia, AJE Vigo organiza el II Congreso de Jóvenes Empresarios de Galicia, AJE Vigo con sede en la ciudad de Vigo.

Donde además, se otorgará el IV Premio Joven Empresario. Por lo que se anima a todas las empresas a presentar sus candidaturas y optar por este galardón.

Fomentar el diálogo empresarial, propiciar el intercambio de experiencias y convertirse en foro de debate son sólo algunos de los objetivos que se persiguen con la celebración de dicho Congreso. En él se reunirá a un gran número de jóvenes empresas españolas y portuguesas que participarán en las ponencias, mesas redondas, debates y Encuentros.

La Comunicación, el Marketing, la Dirección de RRHH, las posiblidades de negocio en la Eurorregión y las Nuevas Tecnologías, serán temas centrales del Congreso con Ponentes de destacado prestigio como Eduard Punset, Adolfo Dominguez, Paul Fleming, Miguel Conde y emprendedores con iniciativas destacadas en Galicia y fuera de Galicia: Linamar, Blusens...

Sede del Congreso - Centro Social Caixanova c/Policarpo Sanz 24 Vigo

Se encuentra en pleno centro de Vigo, a escasos metros del Centro CulturalCaixanova, referente imprescindible de la actividad cultura en Galicia.

El Centro Social Caixanova es un edificio multifuncional, concebido con el fin de que sus espacios puedan ser también utilizados por entidades públicas y privadas, así como por organizaciones no gubernamentales que desempeñen actividades acordes con la filosofía del Centro.

Con capacidad para 360 personas el Auditorio se caracteriza por una versatilidad y dotación de medios de avanzada tecnología como: Cine de gran formato que permite proyectar películas de 70 mm con extraordinaria calidad de imagen y de sonido. Video-conferencia, para reuniones punto a punto, permitiendo además la grabación del encuentro.

Lugar emblemático dentro del Centro Social Caixanova, el Salon de Recepciones tiene como finalidad servir de marco para las recepciones de los eventos que se organicen en el mismo.


Puedes encontrar toda la información del congreso en www.congresoajevigo.com, este año 2008 AJEVIGO ha incorporado un TPV virtual en sus webs para que se pueda realizar el pago de las actividades cómodamente desde la oficina y sin coste adicional alguno, esto permitirá efectuar las inscripciones en el congreso y futuras actividades de una manera más fácil, cómoda y segura.


 

Fernández Antonio salienta o incremento dun 12,4% no fondo de cooperación local para 2008 que asciende a 119 millóns de euros.

 

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, afirmou hoxe que o Fondo de Cooperación Local acadará os 119 millóns de euros o próximo ano, o que supón un incremento do 12,45%, “por riba do incremento dos gastos non financeiros da Xunta que sitúanse no 7,3%”. Así o sinalou tras reunirse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Ames, Carlos Antonio Fernández Castro, co que comentou os orzamentos do 2008 en relación coas corporacións locais. O conselleiro subliñou que o incremento plantéase sobre a base de que medren os fondos de carácter non finalista para dar máis capacidade de elección aos concellos.

Na reunión tamén abordáronse temas vinculados ao Pacto Local entre os que figura, segundo explicou o conselleiro, o compromiso de negociar unha contía do fondo complementario de cooperación local referente a 2005 e que non estaba nos orzamentos dese ano. Tras lembrar que dito fondo complementario estivo dotado nos anos 2006, 2007 e 2008 con 6 millóns de euros, o conselleiro avanzou que se abrirá unha vía de negociación para fixar a contía dese fondo que se liquidará antes de finalizar o ano 2009.

O conselleiro e o presidente da Fegamp acordaron manter unha reunión o próximo 15 de xaneiro na que participarán os vicepresidentes da organización e na que se analizarán –xunto co fondo complementario- a revisión dos criterios de distribución do FCL.


 

O parlamento aproba os orzamentos de galicia para o ano 2008 que impulsan o investimento produtivo e reforzan as políticas sociais.

 

Fernández Antonio subliñou que as Contas Públicas perseguen impulsar o crecemento económico e a creación de emprego, así como mellorar a calidade dos servizos públicos e reforzar a cohesión social e territorial.

Os orzamentos para o próximo ano recollen un importante esforzo investidor que se eleva ata os 3.165 millóns de euros e sitúan a Galicia á cabeza do esforzo investidor do conxunto do Estado.

O forte incremento do aforro destínase ao impulso d investimento produtivo para mellorar a competitividade da economía galega e o reforzo das políticas sociais.

As prioridades e obxectivos do Goberno galego no ámbito da formación e innovación, das infraestruturas e das políticas sociais, emprego e cohesión territorial, absorben máis do 80% do crecemento do gasto.

As políticas sociais do Goberno están recollidas nas Contas Públicas cun crecemento global do 8% en Sanidade, Vivenda e atención a persoas dependentes, que acadan en conxunto 4.001 millóns de euros.

O obxectivo de transparencia, eficacia e eficiencia ten continuidade este ano coa elaboración do orzamento en función de obxectivos, e a introdución de indicadores para a medición de resultados.

O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de Orzamentos de Galicia para o ano 2008 co que finaliza o proceso de tramitación iniciado o pasado 19 de outubro coa entrega do proxecto no Parlamento. As Contas Públicas recollen un crecemento do gasto non financeiro do 7,3% ata os 10.960 millóns de euros, e oriéntanse ao impulso do crecemento económico e á creación de emprego a partir dun forte impulso aos investimentos produtivos e ás políticas sociais. Os terceiros orzamentos do Goberno desenvolven, amplían e intensifican os eixes da acción de goberno formulados en 2005 cando se iniciou unha profunda reorientación da política económica dirixida á mellora da competitividade da economía galega a través dunha clara aposta pola educación, a innovación e as infraestruturas produtivas.

Nesa liña de impulsar o investimento produtivo e as políticas soc