NOTICIAS

 

 

O Consello da Xunta vén de autorizar a continuidade do acordo entre o IGAPE e a Fundación do Clúster de Automoción de Galicia para o desenvolvemento do plan estratéxico deste sector

 

O plan, para o periodo 2007-2011, procura situar ao sector da automoción nunha posición de liderado europeo en materia de competitividade. Fixa como obxectivos o incremento do 20% na facturación global do sector; do 15% na produtividade; e do 20% no valor engadido bruto.

O Consello da Xunta autorizou na súa reunión desta mañá, o convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación do Clúster de Automoción de Galicia (CEAGA) para o desenvolvemento do Plan Estratéxico do Sector da Automoción en Galicia 2007-2011 (PESA). O Instituo dependente da Consellería de Economía e Facenda achegará para este fin 1,16 millóns de euros, o que supón un 50% do orzamento previsto polo PESA para 2008, que ascende a 2,34 millóns de euros. Este convenio da continuidade ao acordo inicial asinado en decembro de 2006 e que ten por obxecto a coordinación público-privada do PESA. Co horizonte 2007-2011, o plan persegue situar ao sector da automoción de Galicia nunha posición de liderado europeo en materia de competitividade, e contribuír ao progreso e á calidade de vida de Galicia.

O PESA 2007-2011 fixa como obxectivos para o periodo o incremento dun 20% na facturación global do sector; do 15% na produtividade; e do 20% no valor engadido bruto. Ademais, procurará a extensión transversal das mellores prácticas. O plan, foi elaborado polo sector de automoción de Galicia a través da Fundación Ceaga, creada co obxectivo de aglutinar nunha estrutura tipo clúster ás empresas máis representativas do sector da automoción de Galicia. Na actualidade, forman parte desta agrupación altamente innovadora a empresa construtora PSA-Citroën, radicada en Vigo e as 76 empresas máis importantes do sector dos compoñentes da automoción de Galicia. A Fundación Ceaga aglutina así un conxunto empresarial líder en exportacións e en aportación ao PIB galego.

A devandita Fundación desenvolverá en coordinación co Igape sete proxectos orientados a incrementar a coordinación estratéxica do sector; desenvolver un plan integral de formación e boas prácticas de xestión; impulsar a mellora da produtividade global do sector; coordinar novas plataformas loxísticas e outras infraestruturas de servizos; procurar a excelencia operativa mediante a coordinación da cadea de subministración; e mellorar aspectos referidos a coordinación comercial, de mercadotecnia, de imaxe e de comunicación do sector de automoción en Galicia.


 

A variación interanual do IPC sitúase en Galicia no 4,4% ao rematar o mes de febreiro

 

A variación interanual do IPC situouse en Galicia no 4,4% ao finalizar o mes de febreiro. Con este rexistro, o nivel de prezos respecto do mesmo mes do ano anterior sitúase ao mesmo nivel que a media do conxunto de España. Así o reflicten os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística, que recollen tamén que o Índice de Prezos ao Consumo (IPC) se incrementou o pasado mes, un 0,1%, unha décima menos que a media española.


Na evolución por capítulos, os grupos que presentaron un mellor comportamento en febreiro foron “Vestido e Calzado”, onde os prezos decreceron un -1,4%, “Alimentos e Bebidas non alcohólicas” (- 0,2%) e “Comunicacións” onde baixaron un -0,1%. Pola contra, os grupos que presentan unha subida dos prezos máis elevada son “Bebidas alcohólicas e tabaco” (1,0%) e “Ocio e Cultura” (0,8%).
Na evolución interanual, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista foron o de “Medicina” e o de “Ocio e Cultura” nos que os prezos baixaron un -1,5% e un -0,5% respectivamente. Por outra banda, os grupos cunha maior suba dos prezos foron “Transporte” (7,3%), “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (6,7%) e “Vivenda” (6,4%).


Índices provinciais
En relación cos índices provinciais, Ourense é a provincia galega que presenta unha baixada dos prezos en termos intermensuais co -0,1%. No que a variación interanual se refire, A Coruña é a provincia na que menos se incrementan os prezos cun 4,3%, mentres que a máis inflacionista é Lugo cun 4,6%
.

 

IPC Intermensual

IPC Acumulado

IPC Interanual

GALICIA

0,1

-0,8

4,4

ESPAÑA

0,2

-0,5

4,4

 

 

IPC Intermensual

IPC Acumulado

IPC Interanual

A CORUÑA

0,2

-0,7

4,3

LUGO

0,1

-1,2

4,6

OURENSE

-0,1

-0,5

4,5

PONTEVEDRA

0,1

-0,9

4,5

 

Variacións porcentuais dos 12 grupos sobre o ano anterior.

 

Galicia

España

Alimentos e bebidas non alcohólicas

6,7

7,0

Bebidas alcohólicas e tabaco

3,4

3,9

Vestido e calzado

0,7

0,8

Vivenda

6,4

5,3

Enxoval

2,9

2,6

Medicina

-1,5

-1,8

Transporte

7,3

7,3

Comunicacións

0,9

0,9

Ocio e cultura

-0,5

- 0,5

Ensino

4,3

3,8

Hoteis, cafés e restaurantes

4,8

4,8

Outros

3,0

3,1

 

 

 

Xeral

4,4

4,4


 

Fernández Antonio subliña as oportunidades que se abren no contexto actual para facer investimentos


O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, salientou hoxe o escenario de oportunidades que se abre no actual contexto de moderación do crecemento mundial e asegurou que o “risco está en non investir”. Segundo explicou, existen “maiores oportunidades” para economías como a galega para “mobilizar ideas, impulsar proxectos e seguir a crear riqueza e emprego” porque, engadiu, “existe financiamento para os proxectos de investimento”. O conselleiro realizou estas valoracións trala sinatura do convenio cunha vintena de entidades financeiras e as dúas sociedades de garantía recíproca galegas, ás que agradeceu a participación nunha iniciativa que destinará 40 millóns de euros para o financiamento de emprendedores, pemes e microempresas.

Fernández Antonio enmarcou a medida no impulso da promoción económica desenvolvido pola Xunta de Galicia a través do Igape e Xesgalicia e lembrou que 2007 foi un bo ano para a economía galega. Os resultados das Contas Económicas publicadas onte polo Instituto Galego de Estatística (IGE) confirman o crecemento da economía galega nun 4% e a creación de 36.400 empregos. “Superamos os obxectivos orzamentarios”, explicou o conselleiro, cun crecemento seis décimas superior ao fixado e 1.400 empregos máis dos previstos. Ademais, subliñou, a economía galega medrou dúas décimas por riba da economía española e 1,3 puntos por riba da zona euro. “O 2007 foi un bo ano”, concluíu o conselleiro.

Na súa análise sobre a composición do crecemento, o conselleiro salientou os sólidos fundamentos da economía galega dos que subliñou dous factores. En primeiro lugar, que o compoñente máis dinámico en 2007 foi o investimento, cun crecemento do 5,8%, o que reflicte “a confianza e as previsións positivas dos empresarios cando invisten e, ademais, este maior investimento significa aumentar a competitividade da economía galega, un elemento básico para seguir gañando a batalla da globalización”. En segundo lugar, Fernández Antonio subliñou que o crecemento foi equilibrado en canto á achega dos distintos sectores xa que industria, servizos e construción creceron por riba do 4%. “Galicia ten hoxe unhas bases cuns fundamentos sólidos da súa economía, está crecendo por riba da media española e comunitaria, e está converxendo coas rexións máis avanzadas de España e de Europa, chegando a preto do 89% da renda comunitaria”, afirmou.

O conselleiro tamén sinalou que o escenario do último trimestre do ano 2007 reflicte unha moderación do crecemento ata o 3,8% aínda que segue a medrar por riba de España e mantén un crecemento notable no contexto actual. “Estou convencido de que Galicia vai seguir crecendo por riba do seu entorno, por riba do conxunto de España e por riba da zona euro da Unión Europea”, indicou.


 

La Administración Central logró un superávit del 1,29% del PIB, el doble al registrado en 2006

 

Por tercer año consecutivo, las Administraciones Públicas cerraron 2007 con superávit, que fue además un 33,2% superior al alcanzado en 2006, según los datos de ejecución presupuestaria que han presentado hoy el Vicepresidente segundo y Ministro de Economía y Hacienda, Pedro Solbes, y el Secretario de Estado de Hacienda y Presupuestos, Carlos Ocaña.

Las Administraciones Públicas alcanzaron en su conjunto un superávit de 23.368 millones de euros, lo que equivale al 2,23% del PIB en términos de Contabilidad Nacional. A lo largo de la legislatura el ahorro total ha sido de 46.803 millones de euros. Cabe resaltar que sólo cinco países de la zona euro tienen superávit y de ellos, España ostenta el segundo mayor superávit después de Finlandia.

El superávit del 2,23% de las Administraciones Públicas es consecuencia de un saldo positivo de la Administración Central (Estado y organismos autónomos) del 1,29%, récord histórico de la democracia, conseguido gracias a la política fiscal responsable realizada por el Gobierno. Mientras que el conjunto de las Comunidades Autónomas registraron un déficit del 0,17%. Las Corporaciones Locales obtuvieron un déficit del 0,14%, y la Seguridad Social obtuvo un superávit del 1,25%.

El superávit alcanzado en el pasado ejercicio permitirá seguir reduciendo la Deuda Pública y elevar las aportaciones al Fondo de Reserva de la Seguridad Social.

En 2007 el peso de la Deuda Pública ha vuelto a caer, situándose en el 36,2% del PIB, una reducción de más doce puntos a lo largo de la legislatura y que representa el nivel más bajo de los últimos 20 años. Nuestra Deuda Pública es la mitad del endeudamiento medio de los países de la zona euro, que es un 66%.

Asimismo, la positiva evolución de las cuentas de la Seguridad Social propiciará que sigan haciéndose aportaciones al Fondo de Reserva, que en 2008 puede llegar a los 55.000 millones de euros.

El superávit del Estado se debe en gran parte a la buena marcha de los ingresos tributarios, que crecieron un 11,8% sobre la recaudación del año 2006. Este incremento es acorde con el fuerte crecimiento económico registrado en 2007 y con los efectos positivos derivados de la lucha contra el fraude.

En la evolución de los principales impuestos cabe destacar el comportamiento del IRPF y del Impuesto de Sociedades que aumentaron un 15,7% y un 20,5%, respectivamente, como consecuencia de los beneficios de las empresas en 2007, de la buena evolución de las rentas de capital, y de la elevada creación de empleo. Por su parte, el IVA creció un 2,2% en comparación al ejercicio anterior, un 9,4% si lo analizamos en términos brutos, en sintonía con la evolución del gasto en consumo final.

El superávit del Estado es también consecuencia de una política presupuestaria prudente que mantiene el gasto público por debajo del 40% del PIB (a finales de 2007 se situó en el 38,7%). No obstante, este control del gasto público es perfectamente compatible con un esfuerzo notable desde el inicio de la legislatura en áreas prioritarias como han sido: el gasto productivo en infraestructuras, I+D+i y educación, la calidad de los servicios públicos, las mejoras sociales y la solidaridad.


 

A variación interanual do ipc sitúase en galicia no 4,4% ao rematar o mes de xaneiro

 

Os prezos en Galicia baixaron en nove décimas en xaneiro –tres décimas máis que a media española- segundo os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística, que sitúan a variación interanual do IPC no 4,4% ao finalizar o mes de xaneiro. Con este rexistro, o nivel de prezos respecto do mesmo mes do ano anterior sitúase unha décima por riba da media do conxunto de España.

Na evolución por capítulos, os grupos que presentaron un mellor comportamento en xaneiro foron “Vestido e Calzado”, onde os prezos decreceron un -12,8% e “Ocio e Cultura” onde baixaron un -1,3%. Pola contra, os grupos que presentan unha subida dos prezos máis elevada son “Vivenda” (1,8%), e “Bebidas alcohólicas e tabaco” (1,7%).

Na evolución interanual, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista foron o de “Medicina” e o de “Ocio e Cultura” nos que os prezos baixaron un -1,3% e un -0,9% respectivamente. Por outra banda, os grupos cunha maior suba dos prezos foron “Transporte” (7,3%), “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (6,7%) e “Vivenda” (6,2%).
.

Índices provinciais.
En relación cos índices provinciais, todas as provincias presentan unha baixada dos prezos en termos intermensuais, pero aquelas nas que máis descenden son Lugo (-1,2%) e Pontevedra (-1,0%). No que a variación interanual se refire, A Coruña é a provincia na que menos se incrementan os prezos cun 4,2%, mentres que a máis inflacionista é Pontevedra cun 4,5%.

 

IPC Intermensual

IPC Acumulado

IPC Interanual

GALICIA

-0,9

-0,9

4,4

ESPAÑA

-0,6

-0,6

4,3

 

 

IPC Intermensual

IPC Acumulado

IPC Interanual

A CORUÑA

-0,9

-0,9

4,2

LUGO

-1,2

-1,2

4,4

OURENSE

-0,4

-0,4

4,4

PONTEVEDRA

-1,0

-1,0

4,5

 

Variacións porcentuais dos 12 grupos sobre o ano anterior.

 

Galicia

España

Alimentos e bebidas non alcohólicas

6,7

7,0

Bebidas alcohólicas e tabaco

2,7

3,1

Vestido e calzado

0,9

0,9

Vivenda

6,2

5,3

Enxoval

3,0

2,5

Medicina

-1,3

-1,9

Transporte

7,3

7,3

Comunicacións

0,6

0,7

Ocio e cultura

-0,9

- 0,4

Ensino

4,3

3,9

Hoteis, cafés e restaurantes

5,2

4,8

Outros

2,4

2,4

 

 

 

Xeral

4,4

4,3


 

La Federación Española de Cuadros del Sector de Energía rechaza el proyecto "para trocear" Iberdrola

 

La Federación Española de Cuadros del Sector de la Energía mostró su rechazo a cualquier propuesta "que pase por repartir" o "trocear" los activos de Iberdrola, tanto en España como en el extranjero, en relación al interés de la empresa estatal francesa EDF y ACS en la adquisición de la primera eléctrica española por capitalización bursátil. EFE La federación, integrada en la Confederación Española de Cuadros y Profesionales, también rechaza la posibilidad de que una empresa estatal "se haga con un proyecto privado que ya supera los 106 años de andadura", señala en un comunicado.

Además, se opone a cualquier iniciativa que implique "poner en riesgo" el actual proyecto industrial de Iberdrola, "que ha demostrado en los últimos años su capacidad para crecer y crear valor en beneficio de todos sus públicos objetivos, incluidos los empleados".

Finalmente, la federación destaca que "velará por los puestos de trabajo de todos los empleados de Iberdrola, una compañía que, gracias a medidas como las encaminadas a fomentar la conciliación de la vida laboral y personal, se ha convertido en modélica a lo largo de los últimos años".


 

O Tribunal galego de defensa da competencia (tgdc) sanciona á asociación provincial de autoescolas de pontevedra


O Pleno do TGDC ditou o pasado 27 de decembro de 2007 resolución sancionadora, na que considerou acreditada a comisión de dúas infraccións do artigo 1 da Lei 16/1989, do 17 de xullo, de defensa da competencia. A primeira infracción consistiu nunha recomendación colectiva de prezos, da que foi declarada responsable a Asociación Provincial de Autoescolas de Pontevedra, sendo sancionada cunha multa de 75.000 euros. A segunda trátase da fixación común de prezos por diversas autoescolas do sur da provincia de Pontevedra que examinan aos seus alumnos en Vigo, da que foron declarados responsables os seus titulares, aos que se lles impuxeron multas por un importe global de 518.000 euros.

Trátase da primeira ocasión na que o TGDC impón unha sanción por condutas contrarias á competencia.

Antecedentes:
O feitos sobre os que o TGDC ditou resolución sancionadora teñen a súa orixe na denuncia presentada o 5 de febreiro de 2004, polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, que remitiu un escrito á Dirección Xeral de Defensa da Competencia, do Ministerio de Economía, comunicando un posible acordo de prezos entre as autoescolas que realizaban os seus exames na cidade de Vigo, segundo se recollía en diversas noticias de prensa publicadas naquelas datas.

Coa entrada en funcionamento dos órganos autonómicos de defensa da competencia de Galicia, creados pola Lei 6/2004, do 12 de xullo, e ao abeiro dos puntos de conexión establecidos na Lei 1/2002, do 21 de febreiro, de coordinación de competencias das competencias do Estado e as Comunidades Autónomas en materia de defensa da competencia, o asunto foi remitido ao Servizo Galego de Defensa da Competencia (SGDC), que asumiu o expediente desde finais de 2005.

Tras a práctica de diversas dilixencias, o SGDC decidiu, en data 20 de marzo de 2006, incoar expediente á Asociación Provincial de Autoescolas de Pontevedra, por efectuar unha recomendación colectiva de prezos e a diversas autoescolas do sur da provincia de Pontevedra, por presunta concertación de prezos nos anos 2003, 2004 e 2005. Ámbalas dúas condutas atópanse tipificadas polo artigo 1.1.a) da Lei 16/1989, do 17 de xullo, de defensa da competencia, por afectar sensiblemente á competencia en prexuízo dos consumidores.

Resolución:
Completada a instrución, o SGDC remitiu o expediente, xunto coa proposta de sanción, ao TGDC que resolveu en data 27 de decembro de 2007 considerando acreditada á existencia da recomendación colectiva de prezos da Asociación Provincial de Autoescolas de Pontevedra, á que impuxo unha sanción de multa de 75.000 euros, así como a existencia de concertación para a fixación de prezos por parte de diversas autoescolas do sur da provincia de Pontevedra, ás que impuxo diversas sancións, que oscilan entre os 3.000 euros aos 40.000 euros, por un importe total de 518.000 euros.

Tanto a recomendación de prezos como a concertación de prezos entre competidores son das infraccións máis graves á competencia por afectar de maneira sensible aos consumidores, que se ven privados de poder elixir libremente no mercado de ben e servizos nun aspecto vital para o interese dos cidadáns, como é, neste caso, a obtención do permiso de conducir, que constitúe un instrumento esencial na vida laboral e social actual.


 

O conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape clausurou o Encontro de Empresarios Galegos en Rede que reuniu en Santiago a máis de 330 empresarios


Fernández Antonio agradeceu a resposta dos empresarios e as asociacións e subliñou que as redes de cooperación están fomentando novas oportunidades de negocio e instrumentos para potenciar a internacionalización da economía galega.
O conselleiro comprometeu o apoio da Administración galega para reforzar os vínculos, facilitar asesoramento, e apoiar de forma continuada a realización de accións como este primeiro Encontro.
A formación, o apoio ao emprendemento, a cooperación, a innovación e a internacionalización son elementos fundamentais da política económica da Xunta co obxectivo de impulsar a actividade económica e a creación de emprego.

O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, salientou hoxe o respaldo recibido por parte dos empresarios e das asociacións participantes no Encontro de Empresarios Galegos en Rede celebrado en Santiago e que amosa, segundo explicou, o potencial da rede de empresarios e profesionais de orixe galega como “xerme dun potente lobby galego no mundo”. O evento, que rexistrou máis de 330 inscritos, foi clausurado polo conselleiro, quen comprometeu o apoio da Administración galega a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para reforzar os vínculos, facilitar asesoramento, e apoiar de forma continuada a realización deste tipo de accións. “Quero resaltar a necesidade de trasladar a experiencia deste Encontro ao outros empresarios de orixe galega co obxectivo de medrar e lograr que a rede de empresarios galegos se convirta nese potente lobby que permita incrementar o noso benestar e a nosa riqueza”. Neste sentido, avanzou que BIC Galicia, sociedade dependente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), desenvolverá funcións de asesoramento e impulso tanto das asociacións de empresarios galegos como dos eventos e foros de encontro para garantir a súa realización continuada.

Fernández Antonio salientou que os empresarios galegos de dentro e de fóra de Galicia constitúen un “importante activo” cun gran potencial dende o punto de vista económico que pode permitir “que Galicia gañe a batalla da globalización. Neste sentido, o conselleiro destacou que hoxe “temos unha Galicia moderna, con empresas líderes a nivel mundial” e cunha economía cada vez máis internacionalizada que está a permitir un crecemento superior á media española e comunitaria nos sete últimos trimestres. “Temos que seguir mantendo esa tensión de